martha-marcy-may-marlene john hawkes

MARTHA MARCY MAY MARLENE, de Sean Durkin

Alén dos estereotipos Sundance é un festival sospeitoso. O seu palmarés, inaugurado con Blood Simple (Joel Coen, 1984), distingue ultimamente títulos que camuflan a súa mediocridade a través dun interese por espazos e comunidades pouco representadas, como ocorre en Winter’s Bone (Debra Granik, 2010), Precious (Lee Daniels, 2009), Frozen River (Courtney Hunt, 2008) ou Quinceañera (Richard Glatzer e Wash Westmoreland, 2006). Ben é certo que non faltan grandes nomes para redimir ao festival (ademais dos Coen, o festival apostou no seu día por Jim Jarmusch, Ross McElwee,... 

Entrar

PLAY

PLAY, de Ruben Östlund

A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de agora, tódolos traballos de Östlund foran acollidos tanto con duras críticas como con entusiastas eloxios, xa que tanto The Guitar Mongoloid (Gitarrmongot, 2004) como Involuntary (De ofrivilliga,... 

Entrar

HUGO

HUGO, de Martin Scorsese

  O cinema como palimpsesto Resulta curioso que os principais favoritos para gañar os Óscar deste ano sexan dous filmes que volven cara o pasado heroico do cinema. Semella coma se as industrias estadounidense e francesa decidiran trocar entre si os seus respectivos referentes para producir nesta tempada cadanseu blockbuster metacinematográfico: mentres que Hollywood reconstrúe unha Gare de Montparnasse dixital para recuperar o cinema analóxico de Georges Meliès en Hugo (Martin Scorsese, 2011), Francia viaxa ao Hollywood clásico para reescribir o tránsito do cinema... 

Entrar

Declaracion_de_guerra

DECLARACIÓN DE GUERRA, de Valérie Donzelli

O escritor venezolano Carlos Yusti escribe sobre a definición de “o cursi” o seguinte: “Poderíase denominar que o cursi é unha esaxeración estoxadiza polo artificio, é unha inclinación en superlativo polo mal gusto. Posúe unha lóxica entre o solemne e o caricaturesco. O ridículo non é o paraíso, senón a súa morriña con ‘soponcio’ e ‘telele’ incluído. É a Miss Venezuela electa, quen sobreactuando a súa sorpresa por ser a gañadora se baña en bágoas de crocodilo e reparte bicos, mentres as perdedoras a saúdan cando en verdade... 

Entrar

shame_1

SHAME, de Steve McQueen

A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos adquiridos non só a nivel condutual senón tamén a nivel cognitivo. Godard desvelou o truco detrás do ‘jump-cut’ que tanta maxia lle dera a Méliès e, desencantados, deixamos de... 

Entrar

«
»

PANORÁMICA

KUBELKA: O CINEMA E A COCIÑA COMO FORMAS ARTÍSTICAS

Martina Kudlacek, Peter Kubelka

Nas notas ao programa de Florentina Hubaldo, CTE, a nova película de Lav Diaz, Gertjan Zuilhof, un dos programadores do Festival de Róterdam e especialista no cinema do sueste asiático, contabilizaba en preto de cen horas as que o festival holandés ten dedicado ao cineasta filipino desde que en 2005 presentase Evolution of a Filipino Family. Zuilhof sumaba os dobres e triplos pases de cada película, aínda que, como quedaba claro no caso de Florentina Hubaldo, CTE, non tiña... Ler máis

A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND

E-Ostlund-1

«CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE» Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez: Play. Lonxe da polémica que o envolve, Östlund é un tipo tranquilo que rompe coa etiqueta convencional... Ler máis

RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE

Andrés Duque

“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a única zona iluminada. Á miña esquerda, o corredor pérdese nunha estanza na que creo distinguir un... Ler máis

ZOOM IN

FESTIVAL INTERNATIONAL DU PREMIER FILM D’ANNONAY

Festival-International-du-Premier-Film-dAnnonay

Entre o venres 27 de Xaneiro e o luns 6 de Febreiro de 2012, a 29ª Edición do Festival International du Premier Filme de Annonay et Pays Annonéen reuniu unha serie de directores debutantes chegados de diferentes lugares do mundo para presentar as súas óperas primas ao longo de once intensos días de cinema e [...]

FOUND FOOTAGE

RETAGARDA SOBREVILA: EPISTELMOLOXÍA, IRONÍA E CINEMA ESPAÑOL NOS ANOS 20

el sexto sentido

Podes ver El sexto sentido íntegro en Europa Film Treasures Nemesio Manuel Sobrevila (1889-1969) abandona a arquitectura e comeza a facer cine no 1927. Conta con algún financiamento propio e ten moi claras as ideas sobre como renovar o esclerótico cinema español da época. Coñecedor das vangardas europeas tralos seus estudos en París, non se conforma co mero [...]

PROCESOS

MARÍA RUIDO, UNHA OVERLOQUISTA

La memoria interior

Coa entrevista aos seus pais coma epicentro, A memoria interior (2002) abeiraba un seísmo subxectivo, constituínte á vez do biotopo audiovisual de María Ruido (Pidre, Ourense, 1967). Era aí –onde a biografía parte– o tremor dun retroco: a memoria do traballo, o traballo da memoria. Aínda o é, non deixou de selo nunca; ao longo [...]

CONTRACAMPO

DESENGUEDELLANDO O FELLINIANO

Fellini-Portada

O CGAI dedicará durante as vindeiras semanas unha retrospectiva completa da obra de Federico Fellini, que comeza esta mesma tarde coa proxección de I vitelloni (1953). Así, con motivo de (e como complemento a) este ciclo, organizado en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca de Valencia e a Filmoteca de Navarra, analizamos neste artigo o [...]