A Cuarta Parede en Filmin

Este mes celebramos o décimo aniversario da fundación de A Cuarta Parede, a primeira revista de crítica cinematográfica en galego. Ao longo destes dez anos, foron moitas as películas e cineastas que pasaron pola revista, deixando un arquivo de textos onde se deu conta da actualidade do cinema galego a medida que ía sucedendo.

Dentro das celebracións desta efeméride, A Cuarta Parede comisionou unha colección de películas na plataforma Filmin, baixo o título: “10 anos de A Cuarta Parede”. Unha colección que, ademais de reunir unha selección de películas que mostran a variedade e relevancia do cinema galego, así como a súa evolución durante a última década, supón unha porta aberta para calquera espectador que aínda non coñeza estes títulos.

As películas que forman parte desta selección son as seguintes:

  1. Todos vós sodes capitáns, Oliver Laxe (2010) [podes ler a nosa crítica aquí]
  2. Tralas Luces, Sandra Sánchez (2011) [podes ler a nosa crítica aquí]
  3. Las Altas Presiones, Ángel Santos (2014) [podes ler a nosa crítica aquí]
  4. Os días afogados, Cesar Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero (2015) [podes ler a nosa crítica aquí]
  5. Esquece Monelos, Ángeles Huerta (2017) [podes ler a nosa crítica aquí]
  6. Dhogs, Andrés Goteira (2017) [podes ler a nosa crítica aquí]
  7. Trinta Lumes, Diana Toucedo (2018) [podes ler a nosa crítica aquí]
  8. Trote, Xacio Baño (2018) [podes ler a nosa crítica aquí]
  9. Hamada, Eloy Domínguez Serén (2018) [podes ler a nosa crítica aquí]
  10. Longa Noite, Eloy Enciso (2019) [podes ler a nosa crítica aquí]

Comments are closed.