A NATUREZA EN LOVELESS

Tras xa case dous anos da súa estrea en festivais, Loveless (2017) do director ruso Andrey Zvyagintsev, é unha desas películas que saben calar no espectador e adentrarse na súa moral. A película fala con frialdade e dureza dunha relación sustentada sen amor, a punto de romperse e das consecuencias que iso trae aos tres membros que conforman esa familia.

É unha crítica á condición humana do individualismo e á deshumanización colectiva dunha sociedade rusa que, segundo o propio Zvyagintsev indica: “o capitalismo propagou a corrupción e as relacións humanas convertíronse en meras transaccións”. Todo isto fai que as persoas só se movan por un beneficio propio e o cariño sexa moi escaso.

O vídeo quere destacar esa natureza onde se desenvolve a atmósfera ambiental da película, por onde habitan e camiñan as personaxes e que acompaña tan ben á propia natureza humana destas.

Cabe sinalar o estilo de realización do director para narrar toda esta situación, a través de planos longos, abertos e con lixeiros mais efectivos movementos de cámara, que lle aportan un dinamismo á pasividade das personaxes.

Comments are closed.