Aileen Wuornos presenta: mulleres violentas da posmodernidade cinematográfica

VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

Premio ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Internacional: Aileen Wuornos presenta: mulleres violentas da posmodernidade cinematográfica, de Eire García.

En palabras das persoas integrantes do xurado “pola súa agudeza na análise crítica da representación da(s) muller(es) violenta(s) ao abeiro da teoría fílmica feminista e pola maneira na que esta se articula, nunha conseguida peza audiovisual, moi ben fiada tanto no aspecto discursivo, como no visual e o sonoro, que engaiola, divulga e revolve, e sementa en quen a mira o desexo de afondar na temática que aborda”.

*Os premios naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega e para reivindicar a figura da escritora e xornalista María Luz Morales. Contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

Comments are closed.