Bette Gordon: O hábito de (des)agochar

“A exploración da sexualidade foi un factor crucial na creación da súa conciencia feminina. Pareceulle que non se pode atopar o poder ata que se teña recoñecido a falta (de poder)”. Empty Suitcases (1980) Bette Gordon, a quen pertencen as palabras que abren este artigo e que condensan unha das ideas máis poderosas da súa obra, é unha das cineastas homenaxeadas este... Ler máis

Mandibules, de Quentin Dupieux

O verán adoita a ser o momento no que o cinema se enche de propostas lixeiras que non atoparon espazo durante o resto do ano. Así, é normal que un dos xéneros que máis aparezan nas carteleiras sexa o da comedia: nada entra mellor cando aperta a calor que o aire acondicionado da sala de cinema e 90 minutos de risas. Con todo, tamén é o clima perfecto para arriscar con filmes... Ler máis

La vida de los demás, de Mohammad Rasoulof

La vida de los demás, de Mohammad Rasoulof

“Isto é Irán. Aquí non hai lei, só diñeiro e nepotismo. Dinche que apartes o tallo e falo, ou serás ti e o teu mellor amigo apartará o tallo dos teus pés”. Reflexións tan explícitas como estas nos filmes de Mohammad Rasoulof valéronlle ao director iraniano sucesivas condenas dos tribunais da república islámica. No seu último traballo, La vida de los demás (There... Ler máis

DocumentaMadrid 2021: Cinema que transita

A todos nos gusta el plátano, de Rubén H. Bermúdez

Esquirlas, de Natalia Garayalde Nos últimos anos, DocumentaMadrid proclamouse como un dos grandes fogares de acollida para o cinema de non ficción a nivel español. Mantendo a súa preocupación por crear un espazo de diálogo e reflexión, a súa décimo-oitava edición volve á Cineteca do Matadero de Madrid tras só medio ano de pausa para poder axustarse ás datas estivais... Ler máis

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2021

Val del Omar

A mostra que conquista o corazón dos seguidores do cinema máis experimental volveu á cidade da Coruña fai uns días. Do 28 de maio ao 6 de xuño, o (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou a súa XII edición, apostando de novo polo formato dual, combinando presencialidade con contido online. Un acerto de xestión en tempos de pandemia, mais tamén no actual mundo transmedia.... Ler máis

First Cow, de Kelly Reichardt

First Cow, de Kelly Reichardt

© Allyson Riggs / A24 Films Un can cheira algo estraño na terra dun bosque de Oregón. A súa dona escarva coas mans e descobre dous esqueletos durmindo xuntos o soño eterno. Así comeza First Cow (2020), o último filme da directora estadounidense Kelly Reichardt. Trátase dunha adaptación da novela The Half-Life, de Jonathan Raymond, que xa traballara previamente de guionista... Ler máis

16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Oficial

A poeta analfabeta, de Sonia Méndez

Hostal España, de Chus Domínguez e Inma Álvarez Dezaseis anos leva a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) sendo un dos eventos máis importantes do ano para o Museo do Pobo Galego. Por desgraza, como o ano anterior, a pandemia afectou ao seu desenvolvemento e a organización tivo que tomar novas vías para o correcto funcionamento da mesma. Desde a casa, tivemos... Ler máis

Las Palmas 2021: Sección Oficial

This Rain Will Never Stop (Alina Gorlova)

76 Days (Hao Wu e Weixi Chen, 2020) Máis de 76 días despois Aínda que o nome e a tipografía do seu título lembran a 28 días después (2002), a película de Danny Boyle que contribuíu a reescribir o xénero de zombis na modalidade de infectados, 76 Days (Hao Wu e Weixi Chen, 2020) parte da realidade máis contemporánea durante estes días nos se celebrou o Festival Internacional... Ler máis

Álvaro F. Pulpeiro: “Para evitar o exotismo tes que desmaterializarte, deconstruirte”

Álvaro F. Pulpeiro

Tras o seu paso polo festival danés CPH:DOX, conversamos por vídeo-chamada con Álvaro F. Pulpeiro (Foz, 1990) con motivo da presentación da súa última longametraxe documental, Un cielo tan turbio (2021): unha road movie observacional que percorre as diferentes paisaxes industriais que compoñen as zonas fronteirizas de Venezuela, e que se detén a coñecer a aqueles que as... Ler máis

Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro

Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro

Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos... Ler máis