ASCENSORES

Ascensor: Substantivo masculino. Aparello que serve para transportar persoas, en sentido vertical, dunhas plantas a outras dunha construción.

No cinema e na vida, en realidade, no só os empregamos para evitar subir polas escaleiras.  Moitos ascensores pasaron a historia do cine por acoller no seu interior escenas clave de películas: o primeiro encontro de Joseph Gordon-Lewitt e Zooey Deschanel en 500 days of Summer, o secreto e tormentoso amor de Jack Lemmon por Shirley MacLaine en The Apartment, a tensión e a violencia coa que Ryan Gosling se defende en Drive ou a soidade de Bill Murray en Lost in translation. Os ascensores forzan e favorecen encontros, obrigan a compartir espazo, préstanse ao romanticismo, ao engano, á disputa, ás confesións, ao erotismo. Axudan a presentar as personaxes e a despedilas. Esíxenlles atoparse consigo mesmas e cos demais. Este vídeo pretende recoller esa diversidade de usos e de situacións.

Comments are closed.