A Cuarta Parede

Artigos de A Cuarta Parede:

    O mellor de 2022

    Un ano máis, dende A Cuarta Parede optamos por eludir as tradicionais listaxes e organizacións categóricas co máis destacado da tempada, que inevitablemente reducen a experiencia cultural a unha simple clasificación (cando non competición) de obras e autores. Por divertido e útil que poida resultar este exercicio, na revista decidimos consolidar o noso particular resumo anual,... Ler máis

    Número 47

    © Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía... Ler máis

    A Anticrítica do Play-Doc 2022

    Catro rapaces dun máster preséntanse en Tui para formarse nunhas xornadas sobre podcast, organizadas en relación co festival Play-Doc. “Malo será que nos manden facer algo sobre cine, ou?”. Non lles quedou outra que renderse ante a sétima arte e editar un produto en audio sobre as tres únicas curtas que se atreveron a ver. Sentíndolo polos afectados, estes catro... Ler máis

    Play-Doc 2022: O soño dunha tarde de maio

     Un día en Tui dá para moito. Case trinta graos de temperatura ambiente no exterior e outros tantos de temperatura emocional nun lugar fresco e escuro no que as nosas vidas se converten en cine ou viceversa, dán para moito máis.  E quen recibe? Pois aqueles que coma nós, adictos á emoción, decidíronse a participar no seminario de creación de podcasts, desexosos de recibir... Ler máis

    Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica en formato podcast’

    Nos últimos anos, o mundo dos podcasts experimentou un auxe sen precedentes, converténdose nun dos formatos máis consumidos a nivel mundial. Como non podía ser doutro xeito, dentro da inmensa variedade de contidos que ofrece este modelo de comunicación, atopamos numerosas iniciativas de ámbito nacional e internacional centradas na crítica de cinema, que aproveitan as particularidades... Ler máis

    Número 46

    Toca facer balance do 2021, o ano no que celebramos o décimo aniversario de A Cuarta Parede. A situación actual (ese eufemismo chamado “nova normalidade”) obrigou a limitar os festexos e actividades previstas, mais permitiunos pechar o ano cun broche de ouro incomparable: a comezos deste mes, a revista foi galardoada co Premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual.... Ler máis

    O mellor de 2021

    Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque... Ler máis

    Número 45

    O día 4 de febreiro de 2011, na cidade da Coruña, presentábase oficialmente A Cuarta Parede, a primeira revista dixital de crítica cinematográfica en galego. Un proxecto que nacía coa vocación clara de abrir un espazo para a reflexión cinematográfica na nosa lingua, prestando especial interese a ese cinema que moitas veces se atopa nas marxes. O obxectivo da revista nunca... Ler máis

    A Cuarta Parede en Filmin

     Este mes celebramos o décimo aniversario da fundación de A Cuarta Parede, a primeira revista de crítica cinematográfica en galego. Ao longo destes dez anos, foron moitas as películas e cineastas que pasaron pola revista, deixando un arquivo de textos onde se deu conta da actualidade do cinema galego a medida que ía sucedendo. Dentro das celebracións desta efeméride,... Ler máis

    A Cuarta Parede: Dez anos de crítica de cinema en galego

    A Cuarta Parede cumpre hoxe dez anos, unha efeméride que non sería posible sen a colaboración de todas as persoas que encheron as páxinas da revista ao longo destes anos. Todas aquelas que, dende a súa fundación, achegaron o seu traballo e paixón para que este proxecto se convertese na realidade que é hoxe. Por iso, quixemos aproveitar a oportunidade para recompilar as... Ler máis