Aldara Pagán

Artigos de Aldara Pagán:

    El acontecimiento, de Audrey Diwan

    © Caramel Films Os ollos azuis e enormes de Anne (Anamaria Vartolomei) analizan cada xesto, cada acción. Os seus ollos permanecen mentres ela avanza a toda velocidade, cargando de xeito oculto coa súa desesperación. Detense só un momento, a respirar e mollar a cara, para despois continuar. Semella que nos apela coa súa mirada, atravesando a pantalla, e que nos pide axuda,... Ler máis

    (S8) Mostra de Cinema Periférico 2021

    A mostra que conquista o corazón dos seguidores do cinema máis experimental volveu á cidade da Coruña fai uns días. Do 28 de maio ao 6 de xuño, o (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou a súa XII edición, apostando de novo polo formato dual, combinando presencialidade con contido online. Un acerto de xestión en tempos de pandemia, mais tamén no actual mundo transmedia.... Ler máis

    Nación, de Margarita Ledo

    O cinema ten a capacidade de fusionarse co público dun xeito diferente ao que o fan outras artes. A conexión visual, sonora e narrativa que o espectador pode chegar a experimentar é algo que asusta e inspira. É por iso que xorde unha pregunta: existen responsabilidades á hora de crear, de manexar a cámara, de dirixir? Margarita Ledo cree ferventemente que si, e converteu... Ler máis

    The Assistant, de Kitty Green

    Dun xeito frío, case xeado, sobrio e austero, The Assistant presenta de xeito impecable e ata marabilloso unha historia tan real, angustiosa e de actualidade que é imposible non sentirse identificada con cada minuto de metraxe. Introducións no mundo laboral, inxenuidade, machismo, abusos, a cara oculta de Hollywood, o movemento MeToo… Nada se menciona, pero todo está absolutamente... Ler máis

    THE HUMAN VOICE, de Pedro Almodóvar

    Vin formigón e plástico e moito vermello, moito vermello.  E presenciei a dor, a desesperación, a rabia, o odio, o amor, a resignación e o esforzo por quererse a unha mesma outra vez e empezar de novo e saír adiante. E sorrín, e púxoseme o corazón brando e atopei o cine, o cine alí dentro metido. E admirei cada plano, e quixen poder parala e volver vela e poñela amodo... Ler máis

    BABYTEETH (O GLORIOSO CAOS DA VIDA), de Shannon Murphy

    © Lisa Tomasetti / Avalon A pel é fina cando estás medrando, máis aínda cando tes obstáculos que che impiden expandirte do xeito que te reclama o peito. As cores multiplícanse, esvanecen, xogan. O subconsciente vólvese o máis férreo compañeiro de experiencias. O aire pesa, o tempo pesa, as decisións pesan. “Como amar cando non tes nada que perder?” Esta é a continua... Ler máis

    TEEN SPIRIT, de Max Minghella

    O actor Max Minghella, coñecido especialmente pola súa interpretación de Divya Narendra en The Social Network (David Fincher, 2010) ou de Nick Blaine en The Handmaid´s Tale (Bruce Miller, 2017), atreveuse esta vez coa dirección. O británico púxose detrás da cámara, seguindo os pasos do seu pai Anthony Minghella, para realizar este filme escrito por el que ten lugar na Illa... Ler máis

    BLAZE, de Ethan Hawke

    I almost felt you touching me just now / I wish I knew which way to turn and go / I feel so good and then, then / I feel so bad / I wonder what I ought to do If I could only fly, if I could only fly / I’d bid this place goodbye to come and be with you / But I can hardly stand and I got nowhere to run / Another sinking sun and one more lonely night The wind keeps blowing, somewhere,... Ler máis

    EDUARDO CASANOVA E O SEU MUNDO “DE COR DE ROSA”

    Cando se fala de cinema fálase de crear, de idear, de construír. De lograr a verosimilitude pero tamén de xerar outros mundos, de conformar atmosferas perfectas para a narración fílmica e ante os ollos do espectador. E cando se fala de dirección de arte, en moitos casos xoga un papel crucial a innovación, a extravagancia e o exceso, para dotar a unha película de todos eses... Ler máis

    CINEMA EUROPEO NAS PLATAFORMAS DIXITAIS. O TEMIDO 30% DA COMISIÓN EUROPEA

    A sala de cinema NUMAX O pasado mes de abril a Comisión Europea sorprendía cun comunicado de prensa no que se falaba de grandes avances nas negociacións de cara a contar cunhas normas máis equitativas e modernas nos servizos de comunicación audiovisual. Os xefes de Europa debatían sobre estes contidos e planeaban medidas lexislativas varias que pretendían, principalmente:... Ler máis