Brais Romero Suarez

Artigos de Brais Romero Suarez:

    Il sol dell’avvenire, de Nanni Moretti

    Cando pensaba en como abrir este texto só me viñan á cabeza as críticas que levo vendo varios días circular por redes. Todas coincidían en que o último filme de Nanni Moretti, Il sol dell’avvenire (2023), era das mellores cousas deste ano. Eu, que sempre fun de meterme onde non me chaman, igual que Nanni interrompendo a rodaxe de Giuseppe, veño dicir algo que non lle lin... Ler máis

    Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa

    Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste... Ler máis

    Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido

    Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen... Ler máis

    Mandibules, de Quentin Dupieux

    O verán adoita a ser o momento no que o cinema se enche de propostas lixeiras que non atoparon espazo durante o resto do ano. Así, é normal que un dos xéneros que máis aparezan nas carteleiras sexa o da comedia: nada entra mellor cando aperta a calor que o aire acondicionado da sala de cinema e 90 minutos de risas. Con todo, tamén é o clima perfecto para arriscar con filmes... Ler máis

    La Gomera, de Corneliu Porumboiu

    A nova película de Corneliu Porumboiu foi unha das, múltiples, afectadas pola crise da COVID-19. Ante un panorama de estreas que se tivo que reinventar e recalcular no 2020, este 2021 tráenos o filme La Gomera (2019), a incursión no cinema negro dun dos referentes do Novo Cinema Romanés. Unha aposta forte para recuperar as salas de cinema e a tradición de mergullarnos nas... Ler máis

    DON’T GO GENTLE: A FILM ABOUT IDLES, de Mark Archer

    Comezo este texto con dúas anécdotas persoais, unha máis longa que a outra. A primeira é que recoñezo que a corentena destes últimos meses pilloume cunha lista de filmes que ver moi grande. Clásicos que sempre dis “xa verei” e outros que realmente tiña ganas de ver. Entre todos eles decateime, ao pensar neste texto, que moitos tiñan relación coa música. Especialmente... Ler máis

    O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE

    O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada... Ler máis

    MONOS, de Alejandro Landes

    A perda da inocencia e o paso da adolescencia á etapa adulta son temas ben habituais no cinema contemporáneo. Este período corresponde co descubrimento da identidade dun mesmo e a conformación do adulto que, de aquí en diante, será responsable de si mesmo e das súas accións. Se ben abonda pensar apenas uns segundos para atopar referentes neste sentido, hai outros filmes... Ler máis

    EMA, de Pablo Larraín

    Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema... Ler máis

    THE LIGHTHOUSE, de Robert Eggers

    Ao menos unha vez ao ano, a prensa faise eco dalgunha oferta de traballo que promete estar ao cargo dunha illa, nalgún paraíso da Terra. E, ao menos unha vez ao ano, todos temos esa conversa na que imaxinamos esa paradisíaca vida, lonxe do ruído das cidades e absortos na convivencia coa natureza. Cousas do capitalismo, supoño. The Lighthouse xoga a absolutamente o contrario.... Ler máis