Brais Romero Suarez

Artigos de Brais Romero Suarez:

    Trote, de Xacio Baño

    Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio... Ler máis

    SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

    Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando... Ler máis

    VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”

    Víctor Moreno (Tenerife, 1981) é máis coñecido por ser o responsable de Edificio España (2012) documental que o banco Santander intentou censurar. O seu cinema explora espacios urbanos  coa capacidade analítica dun bo observador. A súa ollada desestrutura os espazos e ás persoas, conseguindo filmar imaxes que permanecen ocultas para o ollo no día a día. Víctor presentou,... Ler máis

    SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL

    A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada... Ler máis

    SCOTT STARK: “QUERO QUE O ESPECTADOR SEXA CONSCIENTE DO PROCESO DA FILMACIÓN”

    Foto: María Messeguer Baixo o nome ‘As regras do xogo’, a novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico achega unha selección de filmes do director estadounidense Scott Stark. Os seus filmes caracterízanse por nacer dunha sorte de xogo de Scott co proceso da filmación/montaxe, obtendo resultados dispares que van desde a ironía de Probability (1985), a hipnose visual... Ler máis

    Procesos #28 – Xisela Franco

    Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado... Ler máis

    Dhogs, de Andrés Goteira

    Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración... Ler máis

    Procesos #27 – Andrés Goteira

    Se hai un proxecto que está en boca de todos desde hai meses, ese é Dhogs. O filme, ópera prima de Andrés Goteira (Meira, 1983), é unha aposta radical que irrompe con violencia no cinema galego con algo rematadamente orixinal. Cadrando co día das Letras Galegas, Dhogs chega ás salas de cinema despois dun percorrido por festivais no que colleitou louvanzas e galardóns a... Ler máis

    LE LION EST MORT CE SOIR, de Nobuhiro Suwa

    En 2016, Albert Serra abría o seu filme La mort de Louis XIV coa única secuencia que transcorría en exteriores. Nela, presentábasenos a un Jean-Pierre Léaud caracterizado coma o Rei Sol nos ultimos momentos de vida do monarca. Unha vez rematada esta secuencia, a cinta de Serra entraba nunha espiral claustrofóbica que representaba a morte cargando todo o peso na actuación... Ler máis

    COLOSSAL, de Nacho Vigalondo

    Producida no 2016, Colossal (Nacho Vigalondo) tardou un ano en conseguir distribución en España a pesar dos máis de 3 millóns de dólares recadados en EUA e de contar cunha estrela do talle de Anne Hathaway entre o elenco. A historia, que combina romance e trazos que lembran a filmes da saga Godzilla, agocha no seu interior unha realidade monstrosa e dura que cómpre dixerir... Ler máis