Eloy Domínguez Serén

Artigos de Eloy Domínguez Serén:

    O QUE ARDE CURA (2012), de João Rui Guerra da Mata

    O LUME COMO FORMA E FONDO IndieLisboa 2012: Competição Internacional e Competição Nacional O dormitorio dunha dona. Á esquerda, un gran leito desordenado. Á dereita, porta que dá a un cuarto de baño coa luz acesa. Unha mesa de noite cun teléfono. Unha cadeira baixa. Algúns libros. A luz dunha lámpada (…) Soa o teléfono. A muller deixa cae-lo abrigo e precipítase... Ler máis

    BESTIAIRE (2012), de Denis Côté

    A BELA, A BESTIA E A BESTIAL BELEZA IndieLisboa 2012: Sección Observatory Nun prólogo tan espléndido coma astuto, o canadense Denis Côté anticipa o perspicaz xogo de representacións e percepcións que despregará ao longo de Bestiaire, enigmático e esplendoroso ensaio sobre a observación, a identificación e a imaxinación. Durante varios minutos de paciente e intrigante... Ler máis

    ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

    POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos,... Ler máis

    RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE

    “En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a... Ler máis

    DESENGUEDELLANDO O FELLINIANO

    O CGAI dedicará durante as vindeiras semanas unha retrospectiva completa da obra de Federico Fellini, que comeza esta mesma tarde coa proxección de I vitelloni (1953). Así, con motivo de (e como complemento a) este ciclo, organizado en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca de Valencia e a Filmoteca de Navarra, analizamos neste artigo o monográfico que dedica a Colección... Ler máis

    “EN HOLLYWOOD TALKIES NON HAI UNHA POSTA EN ESCENA, SENÓN UN BALEIRADO DE ESCENA”

    Aproveito un número tan heteroxéneo, entusiasta e caprichoso como este, adicado ao (que consideramos o) máis destacado de 2011, para confesar a miña admiración por un dos autores máis estimulantes e inspiradores que tiven a fortuna de descubrir o pasado ano. O día que coñecín a Óscar Pérez acabei perseguíndoo polas rúas de L’Eixample e Gràcia, intercambiando... Ler máis

    APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA

    O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira... Ler máis

    ENTREVISTA A MIGUEL ÁNGEL HUERTA

    Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. “A UNIVERSIDADE DEBE SER O FARO E NON A FACTORÍA” John... Ler máis

    RÉCRÉATIONS (1992), de Claire Simon

    ISTO NON É UNHA PIPA O neno é o portador dunha ollada libre, indisciplinada, un xeito de mirar que aínda é capaz de sorprender aos ollos. O neno ensina ao adulto a mirar as cousas como por vez primeira, sen os hábitos da ollada constituída Jorge Larrosa Fai algunhas semanas, a un amigo ocorréuselle animar a súa festa coa proxección de varias películas domésticas... Ler máis

    ENTREVISTA A JOSEP MARIA CATALÀ DOMÈNECH

    Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. «DEBEMOS RECUPERAR A IDEA DE ARTESÁN: AGARIMO, HABILIDADE E... Ler máis