Ivan Villarmea Alvarez

Artigos de Ivan Villarmea Alvarez:

    NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES)

    A primeira edición dun festival é, nestes tempos de retalladas austeritarias, un acto de afouteza, e máis aínda se ese festival se constrúe a partir dun concepto forte e significativo, como acontece con Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. A idea dos seus programadores, Suso Novás e Ángel Santos, é tan sinxela como efectiva: crear un festival... Ler máis

    INFORME: CINECLUBISMO EN GALIZA

    Unha sala de cinema, mediana. Cadeiras de veludo, pequenas, estreitas. Cores pasteis. O chan é de madeira, e renxe. Os espectadores escoitan a unha persoa falando fronte a eles. A pantalla está en branco, logo dunha proxección. A xente é nova. Leva cabelos longos. Hai moitas barbas na sala, moitos cigarros acesos e moito fume. É un cineclube. A imaxe mental que temos dun cineclube.... Ler máis

    RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

    Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía... Ler máis

    MAD MAX. FURY ROAD, de George Miller

    Sede testemuñas. Poucas veces un filme apaña semellante consenso. Pasou con Boyhood (Richard Linklater, 2014) hai un ano, e pasa agora con Mad Max. Fury Road (George Miller, 2015): saltou dun gran festival (Cannes) ás pantallas de medio mundo, e dende aló ás listaxes dos críticos (Cahiers du Cinéma, Sight & Sound, Film Comment, Caimán. Cuadernos de Cine, A Cuarta Parede,... Ler máis

    PHOENIX, de Christian Petzold

    Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die... Ler máis

    RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO

    O verán. Tempo para o lecer e o pracer, para saír da casa e saír dun mesmo, para cruzar fronteiras sen ollar atrás. Mágoa que nesta década, con máis de cinco millóns de parados no estado e un mercado laboral moi precarizado, onde o único traballo posíbel semella ser a prestación puntual de servizos, moitos teñamos que ficar na casa, sen cartos nin xeito de conseguilos,... Ler máis

    AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI

    Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha... Ler máis

    O ESPECTÁCULO DA VIDA

    O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai... Ler máis

    OS PASEOS ARQUITECTÓNICOS DE HEINZ EMIGHOLZ

    O cinema é unha tecnoloxía de lugar, isto é, unha práctica estética e social capaz de producir espacialidade: dunha banda, pode representar unha paisaxe, unha rúa, un edificio ou mesmo un cuarto coa maior fidelidade posíbel; doutra banda, pode construír lugares complementarios ou alternativos aos reais, segmentándoos nas súas distintas pezas para despois recompoñelos... Ler máis

    PAISAXE E PAISANAXE

    Gran plano xeral. Unha figura diminuta atravesa paseniñamente un amplo espazo aberto. Ás veces non é unha figura, senón unha presenza, un obxecto, algo que pasaba por alí, ou algo que xa estaba alí. Esta caste de imaxe, que procede da tradición pictórica romántica, como ben explicou Horacio Muñoz Fernández no seu texto ‘Sobre a obra paisaxística de Lois Patiño‘,... Ler máis