Jesús Silva

Artigos de Jesús Silva:

    The Florida Project, de Sean Baker

    No ano 2015, durante o Festival de Cine de Sundance, o director Sean Baker acaparou todas as miradas coa estrea do seu rompedor filme Tangerine (2015). Rodada integramente con teléfonos iPhone, a película converteuse nunha das grandes sensacións do certame estadounidense. Nun primeiro momento, a proeza técnica da cinta ocupou case todos os titulares na prensa especializada.... Ler máis

    PHILIPPE MANGEOT: “SIGO CONVENCIDO DE QUE AÍNDA É POSIBLE CREAR CONCIENCIA NO MUNDO”

    Despois dun triunfante percorrido por numeroso festivais internacionais, que comezou coa súa estrea na última edición de Cannes, chega ás nosas pantallas 120 battements par minute (2017), do francés Robin Campillo. A película, ambientada nos anos 90, está baseada nas accións reais levadas a cabo polo grupo Act Up, organización en defensa do colectivo LGTBI, durante os anos... Ler máis

    COLUMBUS, de :kogonada

    Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable... Ler máis

    SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (2)

    A sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla é un dos principais motivos que colocan a este certame como un dos máis enérxicos e audaces do panorama internacional. Nesta segunda (e última) parte da nosa crónica intentaremos conectar algúns dos filmes nos que percibimos certas similitudes conceptuais. En moitas das obras presentes este ano puidemos observar... Ler máis

    SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (3)

    Rematamos a nosa cobertura da Sección Oficial do SEFF 2017 analizando outra das liñas temáticas presentes na súa selección. Neste caso, o conxunto de filmes que imos a tratar xiran arredor do concepto de procura, ben sexa física ou metafórica. Os protagonistas destas obras adoitan ser personaxes ‘incompletas’, que navegan á deriva en busca de algo –ou alguén- capaz... Ler máis

    SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (2)

    Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial do Festival de Cine Europeo de Sevilla, que vén de clausurar a súa décimo cuarta edición. Entre a extensa programación deste ano, que volveu a sobresaír pola súa diversidade e audacia, non puidemos pasar por alto certas liñas temáticas e conceptuais que se entrelazan ao longo de toda a selección. Comunidade e identidade Nesta... Ler máis

    LUX FILM PRIZE: CINEMA E IDENTIDADE EUROPEA

    © European Union 2017 – Source: EP O Parlamento Europeo vén de celebrar unha vez máis a entrega dun dos galardóns máis singulares do panorama cinematográfico actual: o LUX Film Prize, que este ano foi para a cinta sueca Sami Blood (2016), ópera prima da directora Amanda Kernell. Esta distinción, que acada xa a súa undécima edición, foi creada no ano 2007 coa intención... Ler máis