Laura Menéndez

Artigos de Laura Menéndez:

    SEFF 2012: SOÑO E VIXILIA

    Dicía o outro día Wenders na gala dos premios EFA que o cinema é a solución á crise. Pois ben, a última edición do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla, comandada por José Luis Cienfuegos –quen fora durante 16 anos director do Festival de Xixón ata o torpe poutada da agrupación política de Álvarez Cascos a principios de 2012– serviu para tomarlle o... Ler máis

    PHANTOM LOVE, de Nina Menkes

    EL BLANCO Y EL NEGRO · Calquera estratexia revolucionaria debe desafia-la representación da realidade; non é suficiente debater sobre a opresión da muller no texto fílmico; a linguaxe cinematográfica/ a representación da realidade tamén se debe cuestionar, para conseguir a distinción entre a ideoloxía e o texto. JOHNSTON, Claire: Women’s Cinema as Counter-Cinema,... Ler máis

    CAVE OF FORGOTTEN DREAMS, de Werner Herzog

    Herzog era a miña gran esperanza para co 3D, e malia que intento desesperadamente convencerme de que existe unha verdadeira xustificación artística para esta elección, non a atopo por ningures. Non é que aborreza esta febre con ínfulas de orixinalidade, sinxelamente non me achega nada novo. Ao fin e ao cabo, trátase dunha estratexia de marketing máis ben baleira e simplona,... Ler máis

    CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS

    Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do... Ler máis

    DESEXAR O IMPOSIBLE – O CINE DE JOÃO PEDRO RODRIGUES

    Seguir falando de queer cinema á hora de referirse a João Pedro Rodrigues é, canto menos, inxusto e reducionista. Ao longo da súa curta pero intensa filmografía conseguiu afastarse de todos eses tópicos e demostrou coherencia cara si mesmo e a súa obra. Polo tanto, desde un principio imos obviar as típicas influencias atribuíbles ao seu cine (Warhol, Fassbinder, Sirk)... Ler máis