Miguel Gómez Abad

Artigos de Miguel Gómez Abad:

    O corpo aberto, de Ángeles Huerta

    O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse,... Ler máis

    Curtocircuíto 2022: Supernova

    Abismo, de Rubén Suárez Dentro da programación de Curtocircuíto, Supernova é unha sección que sempre aplaudirei e que deberían adoptar moitos festivais de cine que pretendan deixar espazo para todas esas obras que están a medio camiño entre o profesional e o amador. En varios dos títulos de crédito das pezas seleccionadas no encontro compostelán observamos como os nomes... Ler máis

    Pig, de Michael Sarnoski

    Outra película de Nicolas Cage en carteleira. Así é, pero ao mesmo tempo non o é, e nos matices está a graza das cousas. Non se lle escapa a ninguén que Nicolas Cage é unha “estrela” que parece aceptar todos os guións que lle chegan sen pararse a cuestionalos o máis mínimo. Pero entre tanta película mediocre e refinada, ás veces consegue actuar en longas con identidade... Ler máis

    Wes Anderson: a depuración dun estilo

    Moonrise Kingdom (2012) Dende neno, Wes Anderson (Houston, 1969) sempre estivo interesado no mundo do celuloide, e incluso actuou en pequenas obras de teatro na escola. Estudou filosofía na Universidade de Texas, onde coincidiu co actor Owen Wilson, co cal formaría unha sorte de comuñón artística que empuxaría as súas primeiras obras para posteriormente acompañalo na maior... Ler máis

    Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”

    Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos.... Ler máis

    Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado

    Nos anteriores traballos de Helena Girón e Samuel Delgado —curtametraxes como Sin Dios ni santa María (2015) ou Plus Ultra (2017)— xa se observaban certos trazos e inquedanzas que agora podemos ver desenvolvidos na súa valente e rebelde ópera prima, que lles permitiu percorrer festivais de todo o mundo recollendo premios como os conseguidos en Venecia e Novos Cinemas (ler... Ler máis

    Alcarràs, de Carla Simón

    Alcarràs é unha pequena localidade rural preto de Lleida. A subsistencia da agricultura familiar é algo cada vez máis complicado, e a forma tradicional e menos invasiva de cultivar a terra está a desaparecer, principalmente pola inacción dos gobernos e as malas transicións propostas para un progreso que xa é imparable. O problema son os mecanismos e as forzas que actúan... Ler máis

    París, Distrito 13, de Jacques Audiard

    © Shanna Besson / Avalon A sensibilidade non ten nada que ver coa experiencia á hora de facer unha película. A sensibilidade tense, a experiencia gáñase, pero cando se xuntan as dúas cousas o resultado pode rozar o imposible. Jacques Audiard é un veterano, e nótase, pero non vive de rendas, xa que o seu cine sempre soubo retratar e captar as preocupacións das distintas... Ler máis

    Un pequeño mundo, de Laura  Wandel

    Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá... Ler máis

    Novos Cinemas 2021: Latexos

    El planeta, de Amalia Ulman Que os festivais de cine conten cunha sección competitiva como a que propón Novos Cinemas baixo o nome de Latexos debería ser de obrigado cumprimento. Por necesidade, por xustiza, para que todas esas primeiras ou segundas propostas, que poidan quedar fóra mesmo dos circuítos non tan convencionais, teñan o seu espazo. Para que poidamos escoitar novas... Ler máis