Oscar Iglesias Alvarez

Artigos de Oscar Iglesias Alvarez:

    REC 2020: Primeiros ollares

    Mogul Mowgli (Bassam Tariq, 2020) O Festival REC, que se celebra en Tarragona baixo a batuta de Xavier García Puerto, decidiu substituír nesta edición o seu xurado da prensa por un de cineclubes, unha novidade coa que pretendían prestar atención a uns colectivos que cada vez desempeñan un papel máis fundamental na industria cinematográfica. Grazas a este cambio de criterio... Ler máis

    DOLOR Y GLORIA, de Pedro Almodóvar

    Conta o debuxante Lewis Trondheim no seu ensaio gráfico Désœuvré (2005), producido en pleno bloqueo por unha crise da mediana idade, o pánico que lle transmite a idea de ter tocado teito creativamente, e que a partir de entón só lle quede estancarse, repetirse e esmorecer. Dedica un bo treito da obra a reparar no exemplo dos seus grandes ídolos do medio, e en case todos... Ler máis

    LADY BIRD, de Greta Gerwig

    Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas,... Ler máis

    CALL ME BY YOUR NAME, de Luca Guadagnino

    Existe un subxénero tan amplo de películas sobre amores adolescentes de verán que a temática debería ter categoría propia no pescudador de Filmaffinity. Por riba, dentro dese inxente corpus, a variante “espertar sexual na campiña italiana” debe ser unha das máis populares, pois poucos marcos haberá máis bucólicos para un idilio iniciático cás exuberantes paisaxes... Ler máis

    ARRIVAL, de Denis Villeneuve

    Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador... Ler máis

    CAROL, de Todd Haynes

    Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da... Ler máis

    CONSIDERACIÓNS DO PROGRAMADOR DUN CINECLUBE SOBRE O EXERCICIO DO SEU LABOR

    Unha das conclusións que se poden tirar lendo os artigos do monográfico deste mes n’A Cuarta Parede é que a pesar de ter obxectivos comúns, cada cineclube é un pouco do seu pai e súa nai. Aínda que unha visión panorámica deste sector aporta unha idea xeral do conxunto, apetecíame contribuír a esta antoloxía con varias notas específicas dun caso de estudio concreto.... Ler máis

    CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas

    Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará... Ler máis

    PRIDE, de Matthew Warchus

    Da industria audiovisual británica podería aprenderse moito neste país. Empezando polo seu modelo de televisión pública de prestixio, ou a súa forma de subvencionar proxectos cos fondos da lotería, pero tampouco vaiamos aspirar a imposibles. Sinxelamente, hai pequenas leccións que se podían sacar vendo como fan as cousas por alí. Por exemplo, como montar un blockbuster... Ler máis

    INHERENT VICE, de Paul Thomas Anderson

    Hai dous realizadores anglosaxóns na actualidade que coas súas filmografías oscilantes entre o alternativo e o mainstream, pero definitivamente de autor, pugnan por ser dignos herdeiros de Stanley Kubrick (unha das súas principais influencias recoñecidas). Un deles sería Christopher Nolan, que toma do mestre o seu gusto polos high concepts, que desenvolve en complicados... Ler máis