Oscar Iglesias Alvarez

Artigos de Oscar Iglesias Alvarez:

    NEBRASKA, de Alexander Payne

    Non deixa de abraiarme o alto creto co que conta Alexander Payne entre a crítica especializada, que a miúdo o trata con toda a deferencia dun grand auteur cando eu coido que aínda non superou o estadio de (moi eficaz e solvente, iso si) artesán. Parte do problema que teño con el vén de que as súas fitas, que a priori semellan do máis interesante da colleita norteamericana... Ler máis

    GOD HELP THE GIRL, de Stuart Murdoch

    Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014. Concerto de Belle & Sebastian na Praza da Quintana. O setlist, unha escolma de grandes éxitos moi ben dosificada (escolleron como dous singles de cada álbum, máis ou menos) amplificaba o carácter culminante e transcendental do evento para o moderneo local. Unha actuación tecnicamente irreprochable, con numerosos momentos climáticos... Ler máis

    EN BRANCO E NEGRO

    Unha das vantaxes de traballares como programador é que che dá unha perspectiva sobre o presente cinematográfico distinta (e complementaria) á que terías como público ou crítico, posto que te empurra a deixar de centrarte na película como unidade de estudo para ollar o conxunto, observar as tendencias que subxacen na carteleira e así tratar de confeccionar ciclos a partir... Ler máis

    ONLY LOVERS LEFT ALIVE, de Jim Jarmusch

    Un dos pasatempos favoritos dos friquis cinéfilos, ademais de elaborar listas e rankings de todo o cinematográfico posible e facer quinielas de festivais e entregas de premios, é xogar aos what ifs: como sería tal película de dirixila tal director, que faría tal autor de atreverse a facer tal cousa nas antípodas do seu estilo (Paco Alcázar sábeo, e por iso adoita recorrer... Ler máis

    O fenómeno do cruising no audiovisual recente

    Como ocorre con cada termo que ten a súa orixe no argot ou no slang, custa definir con precisión en que consiste o fenómeno do cruising, mais basicamente supón buscar e practicar sexo con descoñecidos en lugares públicos. Nun principio, estes lugares eran espazos ao aire libre como parques e praias, pero paseniñamente a definición tamén comezou a abarcar urinarios e locais... Ler máis

    X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer

    Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno:... Ler máis

    O TEST DE BECHDEL

    O Test de Bechdel é un sistema para avaliar a fenda de xénero existente na representación das mulleres en obras de ficción. Aínda que a súa invención se atribúe a Liz Wallace, recibe ese nome por popularizarse nunha banda deseñada cómica de 1985 da serie Dykes to Watch Out For, debuxada por Alison Bechdel. Na devandita tira, titulada The Rule, un dos personaxes di que... Ler máis

    PERPETUUM MOBILE, de Nicolás Pereda

    Grazas aos criterios inclusivos dos seus programadores, a décima edición do Play-Doc de Tui ofreceunos unha completa retrospectiva da traxectoria do cineasta Nicolás Pereda. Agora ben, se aceptamos que a obra deste mexicano non é documental per se, talvez esteamos a crear un incómodo baleiro taxonómico que nos empurrará a definir que é entón o que fai este realizador,... Ler máis

    THE GRAND BUDAPEST HOTEL, de Wes Anderson

    En Youtube é sinxelísimo atopar multitude de parodias do cinema de Wes Anderson. Hai algunhas moi logradas, coma o falso tráiler que postula en plan what if como sería o reboot da saga fílmica de Spider-Man se Anderson estivese detrás, ou o sketch do Saturday Night Live que presenta “A camarilla de sinistros intrusos a medianoite”, o primeiro slasher film andersoniano.... Ler máis

    PELO MALO, de Mariana Rondón

    Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade.... Ler máis