Sergio de Benito

Artigos de Sergio de Benito:

    Longa noite, de Eloy Enciso Cachafeiro

    En Arraianos (2012), a segunda longa de Eloy Enciso tralo documental Pic-nic (2008), o autor sorprendeu ao poñer en boca dos seus intérpretes non profesionais –habitantes da aldea fronteiriza de A Raia– o texto literal da obra de Jenaro Marinhas del Valle, O bosque. Dita operación, en boa parte herdeira do traballo fílmico sobre bases literarias de Jean-Marie Straub e Danièle... Ler máis

    DOCUMENTAMADRID 2019: CON UÑAS E DENTES

    Antes de encarar a décimo sexta entrega de DocumentaMadrid, terceira baixo a dirección de Andrea Guzmán e David Varela, cabía intuír nela o signo inequívoco da consolidación. Reto importante, dado o satisfactorio xiro que o certame madrileño, consolidado na oferta cultural da capital, experimentou dous anos atrás cara a unha diversidade ben asumida, recuperando así o... Ler máis

    PUNTO DE VISTA 2019: DOS UNS PARA OS OUTROS

    1. “Aposto pola arte que facemos, os uns para os outros, como amigos”. A cita do lembrado Jonas Mekas coa que Garbiñe Ortega, directora artística de Punto de Vista, abría o programa do festival pamplonés no seu segundo ano á fronte do mesmo, non puido erixirse como un acompañamento máis oportuno para a súa décimo terceira edición, toda unha declaración de intencións... Ler máis

    QUIÉN LO IMPIDE, de Jonás Trueba

    Desde o comezo da súa carreira como director e guionista, Jonás Trueba dialogou de forma decidida co universo adolescente. Do texto da iniciática Más pena que Gloria (Víctor García León, 2001), centrada na primeira decepción amorosa dun mozo de 16 anos; á recente La reconquista (2016), a súa película máis notable ata a data, que trasladaba a historia de amor na trintena... Ler máis

    WOMAN AT WAR, de Benedikt Erlingsson

    Dentro dunha cinematografía en auxe durante este século como a islandesa, con parámetros tan homoxéneos e ríxidos en boa parte dos títulos que exporta anualmente, a aparición de Benedikt Erlingsson –ata entón autor e intérprete teatral– en San Sebastián 2013 con Of Horses and Men supuxo unha certa revelación. O seu primeiro filme parecía querer dinamitar o consabido... Ler máis

    Trinta Lumes, de Diana Toucedo

    Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando... Ler máis

    OSCURO Y LUCIENTES, de Samuel Alarcón

    “O pasado queda sempre enterrado na memoria, por iso removemos a terra en busca das súas reliquias”. Estas palabras, que acompañan a unha serie de fotografías antigas do que parece un xacemento arqueolóxico, abren a segunda longametraxe de Samuel Alarcón despois de La ciudad de los signos (2009). A voz firme de Féodor Atkine finaliza a breve reflexión dirixindo o seu... Ler máis

    EL AMOR Y LA MUERTE, de Arantxa Aguirre

    Non é demasiado usual que no cinema feito en España se mire cara a grandes figuras culturais e aínda menos cara ao seu eco na práctica artística actual. Con todo, Arantxa Aguirre fixo desta constante a razón de ser da súa carreira. Do ballet ao teatro, ou agora á composición musical, a directora que cultivou un notable éxito con Dancing Beethoven (2016) leva máis dunha... Ler máis

    SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA

    Pretender efectuar con plena satisfacción unha visita rápida a un festival xigantesco como o de San Sebastián, incluso cando as xornadas alí son varias e as proxeccións acontecen por decenas, supón para calquera cinéfilo unha ardua tarefa. Abordar de forma parcial unha programación de seu impoñente ten como consecuencia o descarte inevitable de moitas das súas mellores... Ler máis

    SAFARI, de Ulrich Seidl

    Desde os inicios da súa carreira coma documentalista a comezos dos 80, Ulrich Seidl insistiu en sinalar cara o sustrato grotesco e inhumano oculto trala apariencia de benestar dunha sociedade, a austríaca – europea por extensión –, empeñada en agochar as súas patoloxías ao mundo exterior. Im Keller (2014), o seu anterior traballo, serviu como perfecta síntese de todas... Ler máis