Víctor Paz Morandeira
Artigos de Víctor Paz Morandeira:
Berlinale 2023 (VII): grandes autores fan experimentos
in water, de Hong Sang-soo Concluímos as nosas crónicas dende Berlín coa volta de dous autores de primeira, João Canijo e Hong Sang-soo. O portugués presentou o seu díptico Mal Viver (2023) e Viver Mal (2023), unha serie de retratos adaptados de August Strindberg que xiran en torno ás relacións de varios burgueses nun sofisticado hotel en decadencia. Outro sueco, Ingmar... Ler máis
Berlinale 2023 (VI): gran cinema alemán
Music, de Angela Schanelec Ata os máis grandes festivais —estes ás veces máis— teñen as súas cotas nacionais. Mentres sexan como as desta Berlinale, todo correcto. Christian Petzold e Angela Schanelec son dous grandes pesos contrastados e este ano entregaron dous filmes notables. Petzold vén de filmar un par de películas, Transit (2018) e Undine (2020), que son adaptacións... Ler máis
Berlinale 2023 (V): Lois Patiño reinventa o cinema
Samsara, de Lois Patiño Ler máis Read More
Berlinale 2023 (IV): delicada peza de ourive
Passages, de Ira Sachs Ás veces non se comprende como certas obras notables acaban en seccións paralelas dos grandes festivais, cando claramente teñen o suficiente nivel como para competir en oficial. Ocorreu este ano na Berlinale con Passages (Ira Sachs, 2023), presentada en Panorama e que se erixe como o filme máis destacable desta edición no ecuador do festival. O neoiorquino... Ler máis
Berlinale 2023 (III): a historia dun naufraxio
Perpetrator, de Jennifer Reeder O segundo filme galego en se presentar nesta Berlinale foi Sica (Carla Subirana, 2023). Primeira longa de ficción para unha directora xa experimentada no documental, conta a historia da rapaza do título, unha adolescente que vaga polos acantilados da Costa da Morte obsesionada con atopar o corpo do seu pai, presuntamente afogado nun naufraxio. Como... Ler máis
Berlinale 2023 (II): un Henry James contemporáneo
La bête dans la jungle, de Patric Chiha A presenza de dous actores como Anaïs Demoustier e Tom Mercier (esa forza da natureza que protagonizou Sinónimos, de Nadad Lapid, en 2019), unido ao feito de que se trata dunha adaptación de Henry James, atraía a ver La bête dans la jungle (Patric Chiha, 2023). O relato orixinal pivota en torno á historia de amor entre May Bartram e... Ler máis
Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Matria, de Álvaro Gago O 2023 quedará marcado nas enciclopedias do cinema galego coma o ano no que tres filmes saídos da nosa terra participaron no prestixioso festival de Berlín. Con Lois Patiño non é literal, pois sitúa Samsara (2023) en Laos, mais Carla Subirana e Álvaro Gago poñen acento local ás historias que contan dende a Costa da Morte e as Rías Baixas, respectivamente... Ler máis
SEFF 2022 (IV): Cara a outra historia do cinema europeo
Tri (Aleksandar Petrović, 1965) O Festival de Sevilla presentou por segundo ano consecutivo a sección ‘Hacia otra historia del cine europeo’, cunha presenza de oito películas. Ademais, redobrou a súa aposta polo cinema de patrimonio coa organización dun encontro entre programadores de filmotecas e festivais, para analizar as relacións entre ambas institucións... Ler máis
SEFF 2022 (III): Lav Diaz, Plan 75 e Aftersun
When the Waves are Gone (Lav Diaz, 2022) Un Lav Diaz en forma sempre resulta estimulante. When the Waves are Gone (2022), presentada no pasado Festival de Sevilla, seguramente sexa a súa mellor película en anos. Con ese particular branco e negro granulado, o filipino xoga cos tópicos do xénero noir para destruílo. O mellor detective de Manila está tan ocupado co traballo que... Ler máis
Viennale 2022: Saint-Omer, L’envol e All the Beauty and the Bloodshed
Saint-Omer (Alice Diop, 2022) A Cuarta Parede visitou por primeira vez este ano a Viennale (20 de outubro – 1 de novembro, Viena, Austria). Ademais de polas súas coidadas retrospectivas —este ano dedicadas a Yoshida Yoshishige, Elaine May e a Ebrahim Golestan no centenario do seu nacemento—, o festival é sobre todo coñecido por ser o certame dos certames en Europa, presentando... Ler máis