BUSÁN 2014 (I/II): A COLLEITA COREANA

24 BIFF 2

O pasado outubro pechouse o 19º Festival Internacional de Cinema de Busán, o BIFF, en Corea do Sur. Nesta revista temos mencionado a maiúscula importancia deste evento, ao ser o maior festival de cinema de Asia. Aénfase está posta, primeiro, no cinema local, despois no cinema producido en Asia (o logo do festival é ‘BIFF, o centro do cinema asiático’), e por último no cinema mundial. Mais non sóde estreas, presentacións, visitas de directores e actores trata este festival. Durante os dez días que dura, tamén se levan a cabo o Mercado de Filmes Asiáticos (Asian Film Market), onde os produtores teñen a posibilidade de dialogar con programadores e distribuidores internacionais para promocionar os seus filmes; o Mercado de Axencias de Casting (Casting Market) para promocionar intérpretes a nivel internacional; o Mercado de Proxectos Asiáticos (Asian Project Market), que pon en diálogo filmes sen rematar con investidores, produtores e distribuidores internacionais; a Academia de Cinema Asiático (Asian Film Academy) na que durante os días do festival trinta estudantes seleccionados de diferentes países asiáticos teñen clases con mestres do cinema mundial (este ano o cineasta convidado foi Béla Tarr) e realizan unha curtametraxe; o Fondo de Cinema Asiático (Asian Cinema Fund) para financiamento de proxectos non rematados; e o Fórum e Conferencia Asiática (Asian Conference and Forum) no que se introducen producións teóricas, conferencias e clases maxistrais a cargo de de filósofos, pensadores e mestres. Este ano, sen ir máis lonxe, o tema foiO Discurso Cinematográfico na Era Dixital’e o principal orador, Jacques Rancière.

Ten sentido que este festival teña lugar en Corea do Sur, país que cara finais da década dos noventa comezou o que sería a súa Nova Vaga de Cinema, que tomou por sorpresa e arrasou o mercado e os festivais internacionais. Porén, logo dos gloriosos anos de constante e impecábel produción, o cinema coreano viña perdendo forzas e en caída libre, debido, en gran parte, ás novas tendencias e ácompulsión por seguilas, como aconteceu, por exemplo, cos filmes históricos naúltima década (filmes ambientados na Dinastía Joseon, última dinastía antes de que Corea fora dominada e anexada ao territorio xaponés en 1910). Nosúltimos tempos, prodúcense cando menos dez filmes de época ao ano, cousa que fai que ao resumir a produción do ano, a panorámica resultante semelle bastante monocromática.

Podemos analizar as intencións de cada tendencia. Se cadra a reverberación dos filmes que exaltan a creación e a singularidade da cultura coreana sexa unha reacción proteccionista ante a apertura de Corea ao mundo; ou ben quizais teña a intención oposta, agora que o mundo escoitou falar do país e do seu cinema, co obxectivo de incluír a cultura e historia coreana dentro da bagaxe da cultura xeral; ou pode que facer filmes situados nunha época tan lonxana ao presente evite facer referencias políticas concretas. A Dinastía Joseon está ateigada de historias de amor, familia, traizón e poder: temas universais adornados de tradición asiática. Así, o fenómeno deste ano foi 명량 (The Admiral: Roaring Currents, Kim Han-min, 2014), que se estableceu como o filme que máis recadou da historia en Corea, sobre o Comandante Yu.

명량 (The Admiral: Roaring Currents, Kim Han-min, 2014)

명량 (The Admiral: Roaring Currents, Kim Han-min, 2014)

O ano pasado reflexionabamos sobre como o éxito e a recadación reemprazaron a calidade dos filmes e de como estes valores se estableceron nas escolas de cinema como primeiro obxectivo para os directores novos. Esta tendencia continúa até o momento e seguirá rexendo a educación dos futuros cineastas, mais afortunadamente este ano puidemos ver as producións da segunda xeración da Nova Vaga, moitas deles producidas polos directores que a comezaron. Esta produción é moito máis interesante que a dos últimos anos, e inclúe tanto filmes pequenos como blockbusters dunha calidade, polo xeral, destacábel. 도희야 (A Girl At My Door, July Jung, 2014), presentada en Cannes, foi producida por Lee Chang-dong; 해무 (Sea Fog, Shim Sung-bo, 2014) por Bong Joon-ho; e o director de 꿈보다 해몽 (A Matter of Interpretation, Lee Kwang-kuk, 2014) foi asistente de dirección de Hong Sang-soo; influencias todas elas transparentes.

Títulos salientábeis

A última edición do BIFF foi así unha completa delicia. A diferencia da anterior, da que apenas un ano despois édifícil recordar máis de dous ou tres filmes coreanos, esta edición tivo suficientes traballos memorables en case tódolos xéneros. De feito, este foi o ano no que se estreou o mellor filme coreano realizado nosúltimos anos e que énada menos que o filme número 102 realizado polo director máis prolífico e lonxevo destas terras: o incansábel Im Kwon-taek. Tódolos superlativos son máis que axeitados para a incríbel 화장 (Revivre, Im Kwon-taek, 2014).O seu título en coreano significa ‘crematorio’ e tamén ‘maquillaxe’. O seu actor protagonista, Ahn Sung-ki, dá vida a un exitoso xefe dunha empresa de cosméticos que ten que enfrontarse á enfermidade terminal da súa esposa. Rara vez atopamos filmes que traten sobre a masculinidade e as demandas sociais dos homes; filmes elegantes e honestos sobre a intimidade parella de case sesenta anos e que expoñan as diferentes formas de amar. O marabilloso deste filme non son soamente as cualidades obvias que caracterizan os traballos de Im (guión, interpretacións e fotografía impecábeis), senón a naturalidade coa que transcorre esta complexa historia que contrapón a morte dunha muller co redescubrimento da vitalidade e virilidade do protagonista.

화장 (Revivre, Im Kwon-taek, 2014)

화장 (Revivre, Im Kwon-taek, 2014)

Nun ton completamente diferente, oúltimo filme do director-autor Hong Sang-soo tamén constitúe unha dos grandes títulos do ano, aínda que non conte co consenso entre a crítica. O protagonista de 자유의 언덕 (Hill of Freedom, Hong Sang-soo, 2014) éun mozo xaponés (Ryo Kase) que volve a Seúl na procura da muller que dous anos antes o rexeitara. O filme, falado en tres idiomas, xoga novamente coa linguaxe e desafía o sentido común detrás deste, deconstruíndo os seus consensos e sobreentendidos, camiño que o cineasta xa comezara con 다른 나라에서 (In Another Country, Hong Sang-soo, 2012). Os seus traballos descríbense habitualmente como monotemáticos e intrascendentes (entendida esta última como a afirmación da experiencia presente e a imposibilidade do seu aprazamento) e os seus personaxes (case sempre artistas) como superfluos, impulsivos e impacientes, o que implica unha certa profundidade e creatividade que, porén, na narrativa dos seus filmes son apenas insinuadas. Neste caso, pola contra, as súas inquedanzas si son verbalizadas e as formalidades da linguaxe postas en dúbida. As reflexións filosóficas, sen ser cínicas nin snob, dotan de singularidade a este magnífico filme, cousa que non pode dicirse de tódalos traballos deste director, xa que moitas teñen sentido lidas dentro do conxunto da súa obra.

Dentro dos filmes máis comerciais, 끝까지 간다 (A Hard Day, Kim Seong-hun, 2014) recibiu excelentes críticas dende a súa première na Quincena dos Realizadores do pasado Festival de Cannes. Thriller de xénero con moito humor negro, o seu argumento trata sobre un detective de homicidios e mais o seu xefe de policía, cada quen máis corrupto. O guión visita lugares comúns do xénero, mais resólveos con xiros intelixentes sen que se dilucidan os oito anos que lle levou ao director escribir este filme. A impecábel parella de actores protagonistas, formada por Lee Sung-kyun (usual nos filmes de Hong Sang-soo) e Cho Jin-woong (quen ultimamente está gañando un merecido lugar entre os actores de primeira liña) personifican perfectamente os complexos cambios de ton.

Outro dos grandes filmes deste ano foi a tamén estreada en Cannes A Girl At My Door de July Jung, unha interesantísima directora que fala de problemáticas de xénero, situando os seus personaxes en espazos e situacións moi complexas. A actriz Bae Doona interpreta a unha xefa de policía alcohólica que étrasladada a unha pequena vila por un escándalo que se vai desvelando no transcurso do guión. Alí ten que lidar coa mentalidade tradicional coreana (con cada aspecto negativo da mesma) e resolver non só a súa vida persoal senón axudar áadolescente encarnada por Kim Sae-ron, vítima de abuso familiar. Este marabilloso filme producida por Lee Chang-dong éunha valiosa obra cun amplo espectro de emocións que abrangue a complexidade das relacións humanas e as maniqueístas reaccións da sociedade.

도희야 (A Girl At My Door, July Jung, 2014)

도희야 (A Girl At My Door, July Jung, 2014)

한여름의 판타지아 (A Midsummer’s Fantasia, Jang Kun-jae, 2014) foi un dos títulos favoritos do festival entre os especialistas e gañou o premio DGK entregado polo Sindicato de Directores de Corea. Logo de gañar un premio no Festival Internacional de Cinema de Vancouver co seu debut 회오리 바람 (Eighteen,Jang Kun-jae, 2009) e de ser convidado aos maiores festivais co seu segundo e amplamente eloxiado 잠 못 드는 밤 (Sleepless Night,Jang Kun-jae, 2012), Jang construíse rapidamente unha reputación coas súas obras tranquilas e introspectivas. A Midsummer’s Fantasia éunha historia onírica dividida en dúas partes. A primeira, en branco e negro, é a viaxe dun director que busca filmar nunha pequena vila de Xapón e a tradutora que o acompaña. Alí coñecen un mozo de Tokio que traballa nun banco da vila, que se ofrece a amosarlles os recunchos da vila. Esta sección é un semi-documental dos primeiros días nos que o director Jang viaxou álocalidade xaponesa de Gojo, mentres se prepara para facer un filme de encarga para o Festival Internacional de Cinema de Nara (producida por Naomi Kawase, e que o pasado setembro inaugurou ese festival). Na seguinte metade, o filme muda a cor e presenta unha breve amizade e posíbel romance entre a tradutora que viaxa co director e o rapaz que os guía pola vila. Un filme sutil e naïve que expresa perfectamente as incomodidades do amor.

__________

Segunda parte da crónica aquí.

Comments are closed.