CARLO PADIAL (2/2): “SE HAI UNHA PELI NA QUE POIDA SAÍR MIGUEL NOGUERA, PARA MIN É PERFECTO”

CZjoQ-wWYAAp4Ry

Continuamos a entrevista ao ía seguinte con Miguel Noguera. Recén chegado ao Festival, presenta xunto a Padial Taller Capuchoc dentro dunha sección do Festival de Cine Europeo de Sevilla adicada ao cine de contra-comedia máis arriscado. Noguera, máis coñecido polos seus libros, Hervir un oso ou Ultraviolencia, afronta nesta película unha das súas poucas incursións no cine.

Considerades que facedes un tipo de humor marxinal, destinado a un público moi pequeño?

MIGUEL NOGUERA: Eu tampouco teño un plantexamento previo a que quero facer. No meu caso hai unha vontade de non ser críptico. De intentar, dentro do que fago, de chegar a máis xente que se fixera un humor máis pechado. Si que existe, falo dos libros e do espectáculo, unha intención de non caer en puntos onde se lle esixa moito ao espectador ou en experimentos que non se sabe onde ou como van rematar. Nese sentido, aínda que eu non saiba que o meu é minoritario, aínda que penso que non tan minoritario en realidade, hai unha vontade de entreter, de que a xente saía contenta de alí.

CARLO PADIAL: Estou de acordo. No meu caso, unha actuación, ou un guión… non hai unha vontade de estar só, de facer algo críptico. Pero, ao mesmo tempo, si que creo que na natureza das ideas que tes son as que son. Un non pode escoller quen é. Agora, seguindo esas ideas, hai toda unha serie de consecuencias. Se eu fago Nuestro Porno Favorito (2013), pois xa sei que non estou facendo unha curta que me vai a permitir facer un tipo de película determinada. Xa sei o que vén: pero é o que teño que facer. É o que me chama a atención. Ao final un non pode ser o que non é. É como que os teus familiares din “por que non fas Torrente (1998, Santiago Segura)?”, “non che custaría nada facer un Torrente…”, e sempre é un pouco o mesmo.

A min flípame Cassavetes, e Lynch, Bresson, Wells. Ver F for Fake (1973, Orson Wells) é o que fixo querer adicarme ao cine. Probablemente non poida aspirar a facer unha peli tan alucinante como esa, pero entendo de que me está a falar. Conecto ao instante e podo falar na mesma linguaxe. E iso crea un diálogo que, cando ti te sumas ao cine, continúa e atrae a máis xente. Moitas veces dinme de broma “gustaríame ver unha versión túa de Barcelona, nit d’estiu (2013, Dani de la Torre)”. É que se a fixera eu habería algo no centro que faría que non fose esa película, sería algo probablemente máis escuro, máis estraño. Non o podes evitar, é o teu estilo. Eu que serie, habería ataques de ira entre eses xoves por unha camiseta de H&M… Non o podería evitar poñer.

taller-capuchoc

Como te sintes interpretando a Padial en Taller Capuchoc?

MIGUEL NOGUERA: Eu sempre digo que el poderíase ter interpretado a si mesmo na película. Entendo que tamén hai un problema de finxir que es un mesmo… Non sei realmente se é por non querer estar dirixindo e actuando ao mesmo tempo ou por outros temas. Pero claramente trátase da mirada del.

A túa actuación dista moito da imaxe do Ultrashow.

MIGUEL NOGUERA: Non, non, claro. Tampouco había lugar a ese tipo de actuación. Era máis simplemente estar alí…

CARLO PADIAL: Eu, de feito, creo que calquera que coñeza a Miguel pódese levar unha decepción coa película.

MIGUEL NOGUERA: Realmente se ti esperas algo relacionado co Ultrashow en Taller Capuchoc… Refírome, o traballo que eu fago na película non é que sexa propio de min, é propio de calquera persoa que poñas diante da cámara a actuar.

CARLO PADIAL: Aquí o proceso é que tiña outra película, que estaba en desenvolvemento, e non quería agardar. Eu entendo esta película como unha mixtape. Eu que escoito moito rap, os artistas sacan discos e sacan mxtapes e todo ten o mesmo valor, non é que o fagan con menos talento. O disco está máis producido, máis coidado… Igual que nese sentido Mi Loco Erasmus (2012) quizais está máis producida. Pero para min, Taller Capuchoc, pese a que quizais é máis ambiciosa, non acaba de funcionar. E xa sei que ninguén fala nestes termos das súas pelis, pero a min dame igual. Pero os temas que propón interésanme moito máis. Por iso é unha película que me gustaría revisitar: con ou sen Miguel. Pero facéndoa outra vez, porque paréceme que toca uns temas interesantísimos.

E á hora de traballar as escenas, como as abordábades?

CARLO PADIAL: Era un proceso hipersinxelo porque traballar con Miguel é moi sinxelo. Eu agrupaba o que íamos a gravar e enviáballo. E el viña e facíao moi doado, sabía o texto…

MIGUEL NOGUERA: Bueno, non é que eu sexa estudioso de nada. Enviábame un guión que era sinxelo e como repetíamos varias veces… Permitía que dixera o texto coas miñas propias palabras. Realmente non supuxo ningún esforzo. O esforzo que supuxo era non rir. Para min é coma un problema. Cando teño que finxir que estou serio ou afectado por algo, como non son actor nin me meto na personaxe, ríome. É un bucle do que non podo saír. Así que a principal dificultade era non rir. E aínda así, non o logrei [risas]. Tampouco fun capaz de cumplir esa responsabilidade.

CARLO PADIAL: Iso é bonito. É coma en Seinfield (1989, Jerry Seinfield e Larry David) que podes ver claramente cando se está rindo do guión. Porque claro, el non era actor, e pilláballe moi de novas.

MIGUEL NOGUERA: Pero bueno, eu vivino como algo sinxelo, cómodo. Non tiven que, non sei, como irnos ao bosque a pasar frío, nin había unha tensión moi grande. Era como moi tranquilo. As escenas gravábanse en lugares moi tranquilos. Foi algo moi cómodo.

Cheguei a ler que na librería que graváchedes non sabían que estabades facendo unha película.

MIGUEL NOGUERA: Sí… entraban clientes. E non sei se chega a saír algún cliente…

CARLO PADIAL: Sí, saen un montón. Había un par que, chegados a un punto, incluso se cruzan diante da cámara. Dáballes igual. É moi de Barcelona, que non chega a ser Nova York pero si que no centro hai como esa xente que lles dá todo igual. Estaban mirando libros e importáballes unha merda que estiveras.

MIGUEL NOGUERA: Tampoco é que tiveramos moita maquinaria. Estabamos alí, de repente había alguén gravando, un foco… De entrada pasaba desapercibido.

Como xorde Miguel para o papel?

CARLO PADIAL: Viñamos de Mi Loco Erasmus e eu tiña moi claro que non quería parar. E tiña moi claro que a seguinte peli ía ser con Miguel. Era como unha cousa de sensacións. É unha elección de xente que me gusta, de xente que quero gravar. Pasoume con Josep Mauri e con Didac antes. E cando nos tumbaron a outra película, que tamén protagonizaba Miguel, e que era como onde estaban os cartos, pois dixemos “dá igual, imos a seguir”. E foi un pouco iso, o desexo de ver a alguén diante da cámara.

E como é para ti, salir do espectáculo en vivo e entrar no cine?

MIGUEL NOGUERA: É que para min, de verdade, mentras non che pidan facer unha película de actor… Todo o que veña de Carlo, de Venga Monjas, realmente estou moi tranquilo porque sei que non vou a ter que facer algo que non sei. Cando mo pediu e me dixo “non, es un escritor. Todo en Barcelona. Ti apenas terás que facer nada porque é todo bastante pasivo…”. Eu xa fun moi tranquilo ao asunto, que é como me gusta. Todo isto dos retos, eu non o levo nada ben. Aprenderme un guión, por exemplo, é moi difícil. Ou aprenderme un diálogo longo é como “por que teño que facer isto? Xa me gano a vida de outra forma, por que carallo teño que facer estes deberes?”. E claro, neste caso, son parágrafos que poden variar, que se xorde algo de repente pódese cambiar.

Os dous coincidíchedes con Didac Alcaraz. ¿Que opinades del?

CARLO PADIAL: Didac é un poeta. Se entendes iso, entendes a Didac; se intentas ubicalo de outra forma non o vas a entender. Hai moito tempo que o coñezo e é ese tipo de persoa que el é alguén que ten unha forma de funcionar que é puramente exclusiva. Eu non coñezo a outra persoa como Didac. E xa desde que o coñecín na Massana, xa me chamou moito a atención aos poucos días. Nun mundo no que todo o mundo está loitando por distinguirse, é unha escola na que todo o mundo vai co pelo verde e todo o mundo está frito polr marcar a súa individualidade, por expresarse; Didac, sen facer nada, era un dos tíos máis diferentes. El vive desa forma, é algo que non podes entender sen ver que é un tío que non se rixe polo mesmo que os demais. E iso sérveche para ver como acomete unha actuación. Nese sentido, son case contrapostos Miguel e el. El é como “bueno, hoxe vai a ser o último día”…

MIGUEL NOGUERA: Hai máis dramatismo. Hai unha interpretación dramática da súa vida, do que está a pasar. É moi romántico o tema con el.

Tedes pensado unha terceira película xuntos?

CARLO PADIAL: Non sei, igual Miguel está farto…

MIGUEL NOGUERA: No, no. Eu non entro nisto, ti sabes que eu non teño problema. Se se propón… é cousa túa, vamos.

CARLO PADIAL: Eu móvome por sentido común. O meu mantra agora mesmo é que quero facer unha película menos sufrida que Taller Capuchoc. Como que aí rasquei o metal da roda. E gustaríame non pasar por isto outra vez. E se teño que pasar outra vez, atacalo cunha concepción totalmente distinta. Pero si que xa me saltaría toda unha serie de cuestións moi total. Pero se hai unha peli na que poida saír Miguel, para min é perfecto. E, xa o dixen moitas veces, cando vas a facer unha peli vas a pasar moito tempo con alguén, e é mellor que sexa con alguén con quen te entendes sen necesidade de moito rollo. Pero simplemente por que o pon moi doado, porque é alguén que sei que vai a funcionar na película.

Comments are closed.