THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf

FRENCH SUNDANCE

'French Kissers', de Riad Sattouf

Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda,... Ler máis

THE TREE OF LIFE, de Terrence Malick

Brad Pitt en 'The Tree of Life', de Terrence Malick

MALICK, DEUS DA CINEFILIA · Resulta curioso que a cinefilia aínda conte con certos ídolos (no sentido máis relixioso da palabra) nun momento no que a tiranía dos mercados gañou a batalla, afastando todo rastro de espiritualidade das nosas vidas cotiás. Que precisamente o obxecto de adoración desta tempada sexa The Tree of Life, de Terrence Malick, non deixa de ser irónico,... Ler máis

MELANCHOLIA, de Lars von Trier

Melancholia, de Lars von Trier

ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ’boutades’, ruído de fondo... Ler máis

DRIVE, de Nicolas Winding Refn

'Drive', de Nicolas Winding Refn

O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos... Ler máis

MEEK’S CUTOFF, de Kelly Reichardt

meeks_cutoff

A FRONTEIRA, A MULLER E O SALVAXE · “A conquista do Oeste é sempre un movemento, o termo western unha dirección” Cleia Cohen O mito da fronteira Ambientada en 1845 en Oregón, Meek´s Cutoff móstranos o errático movemento polo deserto dunha caravana de colonos formada por 7 membros en dirección á terra prometida. Kelly Reichardt recolle e destila todo a épica da conquista... Ler máis

THE ARTIST, de Michel Hazanavicius

the-artist

Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

bertrand bonello

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con... Ler máis

APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA

SEXO, EDUCACIÓN & EDUCACIÓN SEXUAL

PRETTY BABY (1978), de Louis Malle

O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira... Ler máis

Pela del Álamo: «SEMPRE EMPEZO A CASA POLO TELLADO»

pela del álamo

Pela del Álamo (Madrid, 1979) cheira historias na súa contorna próxima, absórbeas e devólveas convertidas en relato cinematográfico, nun proceso no que sempre deixa algo de si mesmo. En distintos labores, participou nas rodaxes de películas como Galatasaray-Depor, de Hannes Stohr, ou Somne de Isidro Ortiz. A súa primeira experiencia como director chegou en 2004, co documental... Ler máis

Matías Piñeiro: «A MULLER É A CAPITÁ DO MELODRAMA»

Matías Piñeiro

Debido á longa extensión da entrevista, e co obxectivo de preservala íntegra, decidiuse publicala en dúas partes. A primeira pode consultarse aquí. Esta acababa establecendo unha relación entre os personaxes femininos de Piñeiro con figuras históricas próximas a Sarmiento. O tema recupérase nesta segunda parte da conversación.   As intrigas históricas son persoais. Si,... Ler máis