MEEK’S CUTOFF, de Kelly Reichardt

meeks_cutoff

A FRONTEIRA, A MULLER E O SALVAXE · “A conquista do Oeste é sempre un movemento, o termo western unha dirección” Cleia Cohen O mito da fronteira Ambientada en 1845 en Oregón, Meek´s Cutoff móstranos o errático movemento polo deserto dunha caravana de colonos formada por 7 membros en dirección á terra prometida. Kelly Reichardt recolle e destila todo a épica da conquista... Ler máis

EQUIPA

A Cuarta Parede nace para falar da nosa paixón (o cinema de autor) na nosa lingua (o galego). As seis seccións que compoñen a revista, que sairá cunha periodicidade irregular cada 6-7 semanas, definen as nosas liñas de acción. Mentres que PANTALLAS se encarga de promover o debate sobre o último cinema que se move nos círculos cinéfilos máis aló das salas comerciais, unha... Ler máis

INCENDIES, de Denis Villeneuve

800_incendies

EDIPO PAI ·  Durante a pasada 67 edición da Mostra do Cinema de Venecia fun membro do xurado xove internacional de Giornate degli Autori, unha sección autónoma creada a imaxe e semellanza da Quinzaine des Réalisateurs do Festival de Cannes. Ao longo dunha semana vimos, debatemos e discutimos un total de dezasete obras (máis tres fóra de concurso) xunto aos seus respectivos... Ler máis

SOMEWHERE, de Sofia Coppola

Somewhere

SOFÍA COPPOLA E O ‘ART FILM’ ESTADOUNIDENSE En outubro de 2007, quen subscribe estas liñas foi obsequiado cun dos maiores regalos que calquera amante do cine podería recibir. Asistín a un encontro co reputado Francis Ford Coppola no marco do Festival de Roma, no que estaba a presentar Youth Without Youth (2007). E non soamente iso, senón que tamén tiven o privilexio... Ler máis

ENTREVISTA A LUIS MIÑARRO

471B4155

“A FUNCIÓN DO PRODUTOR É PRODUCIR TALENTO” ·  A produtora Eddie Saeta áchase no Passatge Permanyer, un dos recunchos máis intocados de Barcelona. Accédese a el a través dunha reixa de metal que dá paso a unha das poucas rúas empedradas da cidade nas que aínda soa o eco dos cascos dos cabalos. Un espazo moi cinematográfico. Despois, durante a entrevista,... Ler máis

COMPAÑERO FEDERICO GARCÍA

Federico García

Conhecimos a Federico García aló polo ano 2000 quando veu a Galiza invitado polos COSAL-Galiza para apresentar a sua película El Amauta, biografía do intelectual marxista peruano José Carlos Mariátegui. Conhecimo-lo como cineasta mas sobre todo como activista político. Na sua cinematografia ambas actividades som umha soa, indivisível. O cinema de Federico García segue,... Ler máis

ÚLTIMO CINEMA PORTUGUÉS: EXPERIMENTACIÓN FORMAL E NARRATIVA

MERCURIO 5

Na primeira década deste século, o cinema portugués reinventouse coa aparición de varios novos autores. Este novo descubrimento dun novo cinema saldouse con varias modificacións tanto nos modos de produción como nas escollas temáticas e cinematográficas. Visualmente, o cinema portugués foi, lentamente, transformándose e o panorama actual é, en moitos aspectos, distinto... Ler máis

TRUE GRIT, de Joel & Ethan Coen

coen-brothers-true-grit

PISTOLAS ENFUNDADAS ·  “Disfrazada de clasicismo, a súa pescuda xa non é ostentosa e a tensión circula agora polo interior do relato”1. Son as palabras de Carlos Reviriego describindo o cambio de estilo de Paul Thomas Anderson en There Will Be Blood (2007), filme de suma importancia para entender un fenómeno que se está a dar nunha xeración de autores norteamericanos... Ler máis

TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT

Kelly Reichardt

Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia... Ler máis

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE O DOCUMENTAL PORTUGUÉS NO INICIO DO SÉCULO XXI

cova

Este traballo representa unha análise global do documental portugués do inicio do século XXI1. Padece, polas circunstancias propias do tempo en que foi escrito, da ausencia dun tratamento máis distanciado e sistemático da información dispoñíbel. Non se pretende presentar un estudo definitivo, mesmo nin se entende como concluído; é antes un convite ao coñecemento e a... Ler máis