BLACK SWAN, de Darren Aronofsky

ESPELLIÑO, ESPELLIÑO… QUEN É A MELLOR BAILARINA DO REINO? Creo que a estas alturas da película, e perdóenme por caer en tan manida frase feita, ninguén pode negar que Darren Arofnosky sexa un verdadeiro autor cinematográfico. Con tan só cinco longametraxes no seu haber, o director de (a reivindicable) The Fountain (2006) conseguiu dar corpo a un estilo totalmente... Ler máis

DESEXAR O IMPOSIBLE – O CINE DE JOÃO PEDRO RODRIGUES

Seguir falando de queer cinema á hora de referirse a João Pedro Rodrigues é, canto menos, inxusto e reducionista. Ao longo da súa curta pero intensa filmografía conseguiu afastarse de todos eses tópicos e demostrou coherencia cara si mesmo e a súa obra. Polo tanto, desde un principio imos obviar as típicas influencias atribuíbles ao seu cine (Warhol, Fassbinder, Sirk)... Ler máis

MIGUEL GOMES: POESÍA E IMAXINACIÓN

Miguel Gomes na rodaxe de 'Aquele querido mês de agosto'

Miguel Gomes é un dos novos autores máis interesantes e un dos que máis teñen destacado no cinema portugués da última década. Creativa e singular, a obra fílmica de Miguel Gomes, que xa conta máis dunha década de actividade produtiva, presenta características ou particularidades recorrentes que comunican, invariabelmente, coas súas referencias cinéfilas, estéticas... Ler máis

JEAN PAINLEVÉ: MICROCINE SUBACUÁTICO

Na obra teatral Obediently Yours, Orson Welles1, do dramaturgo Richard France, un Welles septuaxenario e fatigado argumenta con soberbia a súa decisión de prescindir do seu primeiro nome de pila (George) no seu nome artístico: “imaxinan Pygmalion asinada por un tal George Shaw?2 Ou a alguén chamado George que fose guionista e director en Hollywood, actor de cine e de teatro,... Ler máis

VARIACIÓNS PARA XÉNEROS E ICONAS. O CINEMA DOS IRMÁNS COEN

Joel e Ethan Coen na rodaxe de 'A Serious Man'

Tom Reagan, o conselleiro mafioso de Miller’s Crossing (Joen e Ethan Coen, 1990), ten unha clara relación de dependencia co seu sombreiro: precisa del para tomar as súas decisións, e perde o control cando perde o sombreiro. ¿O sombreiro é a súa conciencia? O sombreiro é unha icona, un dos atributos que mellor definían aos anti-heroes do cinema negro, de Humphrey Bogart... Ler máis

O CINEMA DE PEQUE VARELA

“CANTO MÁIS PERSOAL E HONESTA É A HISTORIA QUE CONTAS, MÁIS UNIVERSAL SERÁ”  · Peque Varela (Ferrol, 1977), galega afincada en Londres, escolleu para expresarse o camiño do cine de animación. Ten unha produción relativamente escasa ás súa costas, pero  todo o que saíu da súa sala de montaxe logrou cautivar á critica. A curtametraxe que  lle servíu... Ler máis

DE REVOLTAS E HOMES

“Debemos negar o presente en todas as súas formas e construir o futuro” Ice “O gran dragón chámase “ti debes”, pero o espíritu do león di “eu quero” Nietzsche A labor de difusión cultural da empresa Intermedio atopa outro dos seus momentos álxidos coa edición de dous excelentes (e autoproducidos) títulos da primeira etapa do cineasta estadounidense Robert... Ler máis

LE PÈRE DE MES ENFANTS, de Mia Hansen-Løve

ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA ·  Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve -que coincidindo coa saída deste primeiro número de A Cuarta Parede celebra o seu trinta aniversario- conta... Ler máis