A ESTÉTICA DA CONTRADICIÓN

353.2008

A historia máis recente do cine chinés pasa pola definición de dúas xeracións posteriores á Gran Revolución Cultural do 1966. Despois de permanecer pechada durante máis de dez anos, a Academia de Cinema de Pequín reabre as súas portas no 1978. Foi daquela cando polos seus corredoiros camiñaban homes que marcarían o porvir da produción cinematográfica da nación do... Ler máis

“QUERER VIVIR DA CRÍTICA É COMO QUERER VIAXAR Á LÚA”

Ocaña Colón

O crítico d’El País Javier Ocaña, peza clave do equipo da revista Cinemanía nos 90, estivo no centro Ágora da Coruña o pasado venres para falar de tribos urbanas na pantalla. A actividade estivo incluída no programa ‘Arde a rúa’, centrado na exposición fotográfica de Miguel Trillo, que pode visitarse ata o próximo 25 de maio. Fixouse o obxectivo de... Ler máis

ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

Ensayo Final para Utopía

POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos,... Ler máis

13º FESTIVAL INTERNACIONAL DE LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

The Loneliest Planet de Julia Loktev

Parte I: filmes premiados Entre o 16 e 24 de Marzo puidemos asistir ao 13º Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria. A súa excelente programación e ambiente sitúan este evento en primeira liña do cinema independente e de autor. Convén ademais destacar as excepcionais condicións de traballo que o festival canario ofrece, xa que ademais de asistir ás proxeccións... Ler máis

PLAY-DOC 2012

LAS ESTACIONES

CONSOLIDACIÓN DUNHA FORMA A pesares das súas indiscutíbeis virtudes, e da extraordinaria sensación que deixa o ambiente de celebración que se vive sempre en terras tudenses por estas datas, as anteriores edicións do Play-Doc sempre me acababan deixando unha certa insatisfacción. Algo que tiña que ver cunha programación que tendía a dar unha de cal e outra de area, e a... Ler máis

EQUIPA

Fieis a unha das constantes que nos caracteriza, a de reflexionar sobre como o cinema pensa a actualidade informativa e nos axuda a comprendela, dedicamos a nosa Panorámica ás transformacións urbanas (paralizadas) da crise económica. Centrámonos en como trataron o tema as series televisivas e a non ficción contemporánea, dous campos ben fértiles para entender mellor esta... Ler máis

HORS SATAN (2011) de Bruno Dumont

Hors Satan de Bruno Dumont

ROSTRO, PAISAXE E MILAGRE Rostro Hors Satan ten unha vinculación evidente con Ordet (1960) de Carl Theodor Dreyer, Teorema (1968) de Pier Paolo Pasolini ou Nostalghia (1983) de Andréi Tarkovski. Case nada. Obras de milagres, profetas e fe. No último filme de Dumont atopamos esas tres cousas. Centrado nun enigmático personaxe, que o cineasta galo retrata coma se fose un novo... Ler máis

ARQUEOLOXÍA VISUAL DO TERRITORIO

playtime

Os efectos da crise actual non se notan somentes nos mercados, senón que tamén se poden rastrexar na superficie do territorio. Nos últimos anos, as cidades do estado español, e sobre todo as súas periferias rururbanas, estanse convertendo nun ermo de ruínas a medio construír, lugares abandonados, paisaxes intermedias ou, no mellor dos casos, paisaxes banais (1). Estes espazos... Ler máis

A CIDADE NAS SERIES

The Wire

Hule a cidade Costa Non hai salvación fóra das cidades Félix de Azúa Investigar a cidade é unha forma de examinar os enigmas do mundo e a nosa existencia Ian Chambers Inicio: cine e cidade Escribía Stephan Barber: “O cine comezou cunha dispersión de espectros xesticulantes, de corpos humanos transitando as rúas da cidade enmarcados por perfís de pontes, hoteis e almacéns,... Ler máis

A CIDADE NO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS: MODERNIDADE DIXITAL

24-city-portada

A primeira nova que tivemos en Europa de que algo se estaba a mover nos anos 90 no documental chinés foi se cadra a partires do premio acadado por No. 16 Barkhor South Street (Duan Jinchuan, 1996) no prestixioso festival Cinéma du Réel. A irrupción deste filme en Occidente foi só “a punta visible dun poderoso iceberg cuxa violenta deriva viría a conmocionar as supostamente... Ler máis