ARRAIANOS – RELATO DO GUIÓN (QUE PRECISOU EXISTIR)

Arraianos comeza un día de 2007. Dous homes acaban de coñecerse e establecen unha inmediata relación de amizade. Sintonizan. E unha idea pronto se apodera do ambiente. Alguén achegado menciona un tema. Un lugar mítico nas brumas da historia (galega), o Couto Mixto, tres pobos fronteirizos situados na chamada Raia Seca. Unha pertenza a un Ourense pegado a Portugal que alcanza... Ler máis

IRMÁNS QUAY, UNHA LECTURA OBLICUA (2/2)

Primeira parte do artigo. Anamorfoses da narración Na súa curtametraxe documental Anamorfosis, or De artificiali Perspectiva (1991), os Quay ofrecen unha marabillosa introdución a unha das técnicas máis misteriosas desenvolvidas durante o renacemento. A través das pinturas de Erhard Schön e Hans Holbein entre outros, xógase coa idea do multiperspectivismo na arte como... Ler máis

JAMES COLEMAN – EXPOSICIÓN NO REINA SOFÍA

1 Box (ahhareturnabout) (1977) Box é probablemente a primeira obra de Coleman con que se topa o espectador que visita a exposición. De ser o caso, o achegamento á mesma é especialmente propicio: Box está situada na Sala de Bóvedas, e no seu descenso o visitante entrará primeiro en contacto cun audio moi atmosférico. Non é parte da norma que as películas de Coleman leven... Ler máis

TRACES OF A DIARY, de Marco Martins e André Príncipe

   “Photo is diary. Diary is life” Nobuyoshi Araki Ao igual que todo guión acaba por concretarse en palabras, partindo seguramente dunhas imaxes; non debera a crítica transmitir esa pulsión primixenia do cineasta do modo máis puro posible? Traces of a Diary facilita unha comunicación visual do que achega este filme na tradición do diario filmado, ao tratarse dun... Ler máis

IRMÁNS QUAY, UNHA LECTURA OBLICUA (1/2)

In death have I blossomed (Bruno Schulz) Sentar a escribir sobre un autor é unha tarefa complexa desde o momento en que asumimos que existe certa unidade temática que atravesa toda a súa produción. Dita consigna fórzanos a separar a palla do trigo, o útil do inútil. Pasamos entón, da pura contemplación, ao odioso papel dun xuíz fronte as súas testemuñas. Interrogamos... Ler máis

SERGEI LOZNITSA: RETROSPECTIVA AS PALMAS 2012

Le este artigo na súa versión orixinal en catalán  Georgy está de viaxe no límite do mundo agora atrapado nunha vila onde o tempo se detén, os descoñecidos non son benvidos e a xente non é o que parece. Extraido do trailer de My Joy (2010) Tradución libre do inglés Emoción e intelixencia, xuntas As películas de Sergei Loznitsa son portadoras dunha carga intelectual... Ler máis

EQUIPA

Cannes marca o inicio dunha nova tempada cinematográfica, e Indielisboa serve un pouco de contedor das tendencias que cada maio despegan na Croisette (e doutros lares, que non só do festival galo se nutre o cinéfilo). Dedicamos por isto a nosa Panorámica ao certame portugués, coa intención de repasar algúns filmes recentes que nos parecen fundamentais. Co ánimo de dar outra... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS NO INDIELISBOA 2012

SERÁN CINZA, MAIS TERÁ SENTIDO Calquera visitante que pasara por Lisboa na segunda metade de abril podía levar unha inmellorábel impresión sobre o estado de saúde do cinema portugués. Bastaría para iso con botarlle unha ollada á carteleira diaria que publican os xornais e comprobar de primeira man a presenza modesta mais digna de encomio de filmes con excepcional acollida... Ler máis

INDIELISBOA 2012 E AS MARXES DO SEXO

Logo de case un decenio de andaina, o Festival Internacional de Cinema Independente de Lisboa é unha cita anual xa consolidada na súa condición de imprescindible punto de encontro ibérico coas manifestacións máis recentes do cinema de autor. Competición Internacional de longametraxes e curtas, Competición Nacional de ámbalas dúas, Observatorio, Cinema Emerxente (que incluía... Ler máis

O QUE ARDE CURA (2012), de João Rui Guerra da Mata

O LUME COMO FORMA E FONDO IndieLisboa 2012: Competição Internacional e Competição Nacional O dormitorio dunha dona. Á esquerda, un gran leito desordenado. Á dereita, porta que dá a un cuarto de baño coa luz acesa. Unha mesa de noite cun teléfono. Unha cadeira baixa. Algúns libros. A luz dunha lámpada (…) Soa o teléfono. A muller deixa cae-lo abrigo e precipítase... Ler máis