COSMOPOLIS, de David Cronenberg

pattinson cosmopolis

A LIMUSINA DE ERIC PACKER Dentro, a caverna do demiúrgo. Fóra, un páramo habitado pola multitude, por aqueles que non son Eric Packer ou que non traballan para el. A partir desta dicotomía infranqueábel, Cosmopolis organízase arredor das sucesivas visitas de diferentes personaxes á limusina / trono / fogar do demiúrgo: a aparición de cada novo empregado disposto a renderlle... Ler máis

GIRLS, de Lena Dunham

girls15

UNHA MOZA É UNHA MOZA Non hai tantos anos Pilar Aguilar, no seu estudo Mujer, amor y sexo en el cine español de los 90, chamaba a atención sobre que “o xeito feminino de ver e de interesarse polas cousas aparece infrarrepresentado e infravalorado nese espello público que é a ficción audiovisual”i. Esta falta non era exclusiva do ámbito español senón que, como sinalaba... Ler máis

‘CUERPO A CUERPO’, de Domènec Font

cinema-screen

“O cinema é coma o fútbol: ninguén dubida en dar a súa opinión, é dicir que é formidable ou noxentoi”. Jean-Luc Godard Que se lle debe esixir a un libro sobre cinema nunha época que todo o mundo se volveu crítico e fai pública a súa opinión a través dunha miríade de revistas, blogues e redes socias? Que debe ter nuns tempos onde demasiada xente se enfunda a... Ler máis

CINEMA E CICLISMO. CUESTIÓN DE RITMO

velo-de-ghislain-lambert

O intre máis emocionante do pasado Tour de Francia non foron as alancadas de Chris Froome deixando atrás ao seu compañeiro Bradley Wiggins, nin os ataques de Vincenzo Nibali na montaña, nin sequera as vitorias dos ciclistas murcianos Luis León Sánchez e Alejandro Valverde. Alén dos resultados, houbo un intre máxico na etapa que rematou en Foix, antes sequera dos pinchazos... Ler máis

ZWAZO, de Gabriel Abrantes

zwazo_01

Gabriel Abrantes (N. 1984) presentou na 20.ª edición do Curtas Vila do Conde un novo filme que integra, con moita coherencia, o seu percorrido singularíssimo no contexto do cinema portugués. Vindo das artes plásticas, mais con formación académica en cinema e artes visuais, Gabriel Abrantes comezou a facer cinema en 2006 nun contexto de galeria, para ser exhibido en exposicións... Ler máis

OS VIVOS TAMBÉM CHORAM, de Basil da Cunha

os vivos 1

Despois de Miguel Gomes, Sandro Aguilar e João Nicolau, a produtora portuguesa O Som e a Fúria atopou en Basil da Cunha unha nova tarxeta de visita no contexto das curtametraxes. A produtora fundada por Sandro Aguilar e João Figueiras en 1999, actualmente dirixida polo primeiro e por Luís Urbano, ten responsabilidades recoñecidas na revelación de novos valores no cinema portugués... Ler máis

ENTRECAMPOS, de João Rosas

Entrecampos rosas

Mariana é unha rapariga de 11 anos que acaba de se mudar co pai para Lisboa, vinda dunha pequena cidade do Tello. Os primeiros días na cidade, ao final de agosto, pásanos afacéndose á casa e coñecendo o novo barrio, Entrecampos. No fin do primeiro día de clases, Mariana pérdese ao voltar para a casa da escola e ten que telefonar ao pai a pedirlle axuda. Ao día seguinte,... Ler máis

A COMUNIDADE, de Salomé Lamas

a comunidade poster

A Comunidade, de Salomé Lamas foi seguramente a curta que máis divertiu o público da competición nacional da 20.ª edición do Curtas Vila do Conde e en todo o festival só foi suplantada pola curta de animación Flamingo Pride, de Tomer Eshed. Malia as ruidosas gargalladas, a moza realizadora portuguesa Salomé Lamas tivo a sensibilidade para alertar, por cuestións éticas,... Ler máis