SEFF 2012: SOÑO E VIXILIA

Leviathan

Dicía o outro día Wenders na gala dos premios EFA que o cinema é a solución á crise. Pois ben, a última edición do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla, comandada por José Luis Cienfuegos –quen fora durante 16 anos director do Festival de Xixón ata o torpe poutada da agrupación política de Álvarez Cascos a principios de 2012– serviu para tomarlle o... Ler máis

FICX50: SUBMISIÓN E METACINEMA

Amir Naderi FICXixon

Fronte á crónica diaria, máis atropelada, un conxunto de recensións de filmes, máis que unha reflexión sobre o fai a un festival -isto é, a súa programación e, con ela, a marca persoal que deixa no espectador-, hainos quen preferimos valorar en conxunto a capacidade dun certame para producir pensamento coa súa proposta. Neste sentido, hai dúas liñas que dotan de sentido... Ler máis

CESARE DEVE MORIRE, de Paolo e Vittorio Taviani

Cesare deve Morire 1

A FORMA DEVORADA POLA FÓRMULA Os presos da cadea de Rebibbia son tan bos actores que ben merecen este filme. Un deles, Salvatore Striano, o intérprete de Bruto nesta versión carcelaria de Xulio César, láiase nunha escena dos seus atrancos cun parlamento: “se presento mal esta liña, terei problemas”, reflexiona. “Entendo o que Shakespeare trata de dicir, mais como llo... Ler máis

O TERROR BUSCA PSICANALISTA

Berberian Sound Studio 3

Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo,... Ler máis

XÉNERO FALOCÉNTRICO

headshot1

Se Sitges fixese uns cálculos estatísticos do seu público, que número de mulleres recollería a mostra por sesión? E se nos poñemos a contar o número de realizadoras que están detrás dunha cámara, sobre o total de filmes presentados nas últimas edicións, cal será o resultado? Non fai falta ter moita paciencia para estimar: baixa presenza. Por que lle preocupa a un... Ler máis

O TRIUNFO DA AUDIENCIA

holy motors título

O espectador, máis que nunca, foi o protagonista desta edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya. Ten sentido sabéndonos próximos á fin do mundo, coma se Sitges fose o último bastión de esperanza ou o lugar onde queremos vivir o final, rodeados de cinema e de amigos creados a través do cinema. Vestímonos todos a pel do Curtis de Take Shelter... Ler máis

LOOPER, de Rian Johnson

looper1

VIAXES DE CULTO Na desintegración corporal que pareceu ocupar boa parte da selección de Sitges deste ano, cobrou especial importancia un filme tan irregular como atractivo: Looper, destinado a se converter nunha cinta de culto pola brillante e orixinal exposición dunha trama de viaxes no tempo ao uso, pero executada cun ritmo trepidante, e unha estética e narración adheridas... Ler máis

CORPOS EN DESINTEGRACIÓN

ANTIVIRAL_DAY20_3124

É curioso que a 45ª edición do festival de Sitges estivese dedicada á fin do mundo, grande tema do ano pasado, con filmes como 4:44 Last Day on Earth (Abel Ferrara, 2011) ou Melancholia (Lars von Trier, 2011); cando en realidade desta volta os temas que se advirten son outros e moi variados. O central (que ocupará esta primeira crónica dunha serie) é unha volta á fisicidade,... Ler máis

VERMELLO SOBRE AZUL: O YIN YANG COREANO NO THRILLER

nameless_gangster_pic2

Hoxe que dá comezo a 45ª edición do festival de Sitges, é bo revisar unha filmografía que na última década vén dando cada ano agradables sorpresas no certame. O thriller surcoreano abre fronteiras en citas cinéfilas e entre o público pola súa capacidade para combinar un ritmo trepidante e unha factura técnica impecable con ferramentas visuais e narrativas que procuran... Ler máis