IFFR 2013 (BONUS): GRANDES MESTRES… FUTUROS BRILLANTES

Fuck_for_Forest_Film_still_7

E chegamos ao final. Róterdam é moito máis que a súa Tiger Competition, é un punto de encontro para gozar do mellor cinema que deixa o ano anterior e pór as bases da programación de festivais que van celebrarse no ano en curso (probablemente máis pequenos) que veñen pescar aquí a finais de xaneiro para configurar parte das súas grellas. Ollo, porque non son os únicos.... Ler máis

IFFR 2013 (III): SURREALISMO, CRUELDADE E ANARQUÍA… AS CLAVES DO ÉXITO

My_Dog_Killer_Film_still_1

Cales son as claves do palmarés perfecto? O de Róterdam é un dos festivais máis complicados neste sentido. Aquí non hai un único gañador, non hai premio para o segundo nin mencións especiais do xurado. No certame holandés entréganse tres galardoes idénticos, cada un co mesmo valor económico (15.000 euros). Este ano competiron por un “tigre” un total de 16 películas.... Ler máis

HOLY MOTORS, de Leos Carax

Holy_Motors_de_L_os_Carax

A VIDA INMANENTE Holy Motors é unha película cun marcado ‘pathos’, unha paixón moi densa que apenas deixa espazo ao espectador para padecer, segundo o seu albedrío, as imaxes que se lle presentan –seguramente esa sexa unha das razóns polas que lle é tan doado a Leos Carax irritar ao público (así como aos produtores, visto o que lle custou volver a embarcarse... Ler máis

IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS

Eles voltam (Marcello Lordero, 2013)

Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China... Ler máis

XACIO BAÑO: “A VIDA É MOITO MÁIS”

"Hai un certo tabú con ese recurso, pero paréceme unha estupidez. 'Apocalypse Now' ten voz en off, e non imos dicir que é unha mala peli".

Xacio Baño (Xove, 1983) chegou ao cinema “case por accidente”, segundo as súas propias palabras. Debutou en 2009 coa curta Quentefrío, “unha trasnada”, e deixou a súa pegada no audiovisual galego con tres proxectos máis, Relación de acordes (2009), Estereoscopía (2011) e, sobre todo, Anacos (2012), exhibido en máis de trinta festivais, o último o de Clermont-Ferrand,... Ler máis

O GEBO E A SOMBRA, de Manoel de Oliveira

O Gebo e a sombra

A DERRADEIRA ESPERA Pasa o tempo e a sabedoría do centenario mestre portugués Manoel de Oliveira non decrece un ápice. A vontade de expresión testamentaria hai tempo que perdeu o seu sentido, xa que cada un dos seus filmes conserva ese pouso de obra definitiva, perfectamente acabada, ao tempo que escandalosamente precoz na súa lucidez. Fiel os seus dispositivos narrativos,... Ler máis

IFFR 2013 (I/III): O ANO DO BASTARDO

parkchanwook iffr 2013

Que queda cando a sala de cinema acende as luces e a película rematou? Normalmente nada. Nada de nada. Notamos esa sensación de que pasamos noventa minutos fronte á pantalla pensando con todas as nosas forzas ao longo de case medio centenar de proxeccións, cansados pola falta de soño e o exceso de todo o demais. E ao final nada. Hai quen din que lles gustaría vivir nunha película,... Ler máis

CSAK A SZÉL – JUST THE WIND, de Benedek Fliegauf

Csak a szél

Atribúeselle a Giacomo Leopardi a seguinte cita: “Non temas nin á prisión, nin á pobreza nin á morte. Teme ao medo”. Como se indica tralos créditos iniciais, Bence Fliegauf inspirouse libremente na vaga de crimes contra familias xitanas que tivo lugar en Hungría en 2008 e 2009. A primeira toma xa é unha premonición: o sol vespertino ocúltase tras uns pastos e dá... Ler máis

SKYFALL, de Sam Mendes

skyfall

DOBRE ESTUDO DE XÉNERO Medio século de James Bond era algo a celebrar para a lexión de afeccionados ao axente secreto máis famoso da historia do cinema. O agasallo ía chegarlles na forma dun novo filme, ambicioso coma o que máis: Skyfall (Sam Mendes, 2012). Os seus responsables debían contentar, cando menos, a todos aqueles seguidores do Sean Connery máis duro, sofisticado,... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (e IV)

Festival Sevilla 4, Reducida

Cuarta parte Ruptura ou continuidade Josetxo Cerdán: Cando a min me ofreceron a dirección artística de Punto de Vista a oferta foi moi clara: entre tres e cinco anos de prazo. 2013 será o meu cuarto ano á fronte do evento (tres festivais máis un seminario, realizado neste pasado 2012) e o último. O acordo vaise a cumprir daquela segundo o pactado. Sinceramente, para min... Ler máis