MOONRISE KINGDOM, de Wes Anderson

Aventura contra a decepción amorosa Os dous protagonistas de Moonrise Kingdom, Sam (Jared Gilman) e Suzy (Kara Hayward), son os típicos adolescentes “andersonianos”. Os nenos nas súas películas pensan como adultos e os adultos parecen nenos solitarios e desencantados coa súa vida aos que lles falta a ilusión e valentía dos primeiros (un trazo que se cadra proceda da... Ler máis

AMOUR, de Michael Haneke

O cinema, visto na sala escura, é unha experiencia. Isto é, o filme promove unha identificación emocional co espectador a través da manipulación narrativa ou estilística. Por exemplo, a música ou un acontecemento catártico no melodrama establecen unha relación sentimental coa audiencia. De certa forma, manipúlana, utilizando a suspensión da incredulidade e a identificación... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (III)

Terceira parte As finanzas dun festival Javier Angulo: Paréceme que puxestes o dedo na chaga. Non podemos comportarnos como eventos estritamente comerciais, que só buscan audiencias e facer negocio. Sempre pensei e crin que os festivais de cinema, pola súa propia natureza, non teñen o que se chama ‘afán de lucro’ e tenden a ser deficitarios, máxime agora que as institucións... Ler máis

GEORGES FRANJU: A TESTA CONTRA UNHA PAREDE… INFRANQUEÁBEL

No pasado Festival de Donostia rendeuse homenaxe ao centenario do nacemento de Georges Franju. Disque nin a crítica nin o público acudiron precisamente en masa para ver a súa filmografía completa, de xeito que o cineasta francés segue sendo, polo tanto, un director inxustamente esquecido. A figura de Franju atópase unida, segundo os dados biográficos que del nos chegaron,... Ler máis

TABU, de Miguel Gomes

O ano cinematográfico de 2012 ficará para sempre marcado por un crocodilo melancólico, ambiguo –por veces inofensivo, outras veces mortal– e testemuña de casos amorosos imposíbeis e tráxicos. Tabu, de Miguel Gomes, comezou 2012 cunha estrea favorábel en Berlín, conquistando o prestixiado premio FIPRESCI e o premio Alfred Bauer. No discurso de aceptación deste segundo... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (II)

Segunda Parte Convidados, Actividades Paralelas e Publicacións Javier Angulo: Nós, na SEMINCI, distinguimos entre ‘participantes’ que veñen facer algo (presentar un filme, participar nas mesas redondas, presentar libros, etcétera), ‘convidados da industria’ (actores, directores sen filme, moitos distribuidores, institucións tipo Filmoteca, ICAA, FAPAE, EGEDA…),... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN

Os festivais de cinema do estado español enfróntanse neste momento a unha situación de incerteza económica que está a impactar tanto na súa selección como nas actividades paralelas. A isto súmaselle unha nova dificultade (ou virtude, segundo se mire) á hora de programar: a deslocalización de contidos na Internet, que posibilita un coñecemento amplo e instantáneo das... Ler máis

“A CLAVE DO ÉXITO DE PÚBLICO É UNHA PROGRAMACIÓN RIGOROSA PERO NON DEMASIADO ACADÉMICA”

Nos últimos oito anos que leva en pé, Play-Doc conseguiu medrar, madurar, e sobre todo establecer un modelo de festival algo distinto ao dominante. Modelo baseado nunha escala modesta, na escaseza de contidos máis que nas programacións mastodónticas, e cun forte compoñente festivo, de celebración cinematográfica. Un modelo que atraeu a autores da talla de Pelechian, McElwee... Ler máis

CLAVES PARA (TENTAR) ENTENDER O FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

OUFF 2012: Supervivencia contra prognóstico A 17ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) celebrouse do 2 ao 11 de novembro de 2012, e case foi un milagre que tivese lugar. En troques de comezar a preparala a comezos de xaneiro, como vén sendo habitual, o equipo do OUFF viuse coas mans atadas por mor das controversias e falta de entendemento (burocrático... Ler máis

(S8): LUZ ESPIRITUAL

Non facemos nestes inicios de 2013 un especial sobre a situación dos festivais de cinema en España por nada. O contexto da crise económica é o principal factor que está a mudar o chamado mapa de festivais, tendo que redimensionar eventos, suprimir seccións, baixar número de títulos, actividades paralelas, ou celebrarse cada dous anos (o caso de Punto de Vista, como nos... Ler máis