PROCESOS#16 – ALBERTO GRACIA

Alberto Gracia (esquerda) e Felipe Lage (dereita) momentos antes da presentación do filme en Róterdam.

O paso de Alberto Graciaipor Róterdam foi fugaz, non porque quedase poucos días na cidade holandesa, senón porque con el o tempo pasa rapidamente. Atopámonos por primeira vez en Cinerama, no primeiro pase da súa película, a “Estrea Mundial”. Todo sexa dito, ao equipo desta pequena produción de 10,000 euros, o titular parécelles un tanto absurdo. Aínda que o “absurdo”... Ler máis

RECICLAXE INTERTEXTUAL: A SEMIÓTICA NO CINEMA

django desencadenado foto 2

No momento inmediatamente anterior a sentarnos comodamente en casa ou na butaca dun cinema, curioseamos sobre a idea de que é o que imos observar? En que imos fixar o ollo á hora de ver cinema? Ou, máis aínda, preguntámonos por que vemos cinema? Con frecuencia, a nosa mirada cara o cinema está condicionada pola palabra allea. Con isto refírome aos discursos provenientes... Ler máis

RENOIR, de Gilles Bourdos

16 Renoir 1

Renoir Vs. Renoir Nos días da Primeira Guerra Mundial, un ancián move un pincel entre os seus dedos artríticos baixo a etérea luz da campiña francesa. A vila é Cagnes-sur-mer, situada na Costa Azul, e o ancián non é outro que Pierre-Auguste Renoir. O mestre impresionista loita por non perder o seu espírito creativo fronte á súa doenza, ao falecemento da súa amada esposa... Ler máis

“MÁIS QUE UN CINEASTA, SON UN CAMARÓGRAFO E UN OPERADOR DE PROXECCIÓN”

Caldini y su proyector

A (S8) Mostra de Cinema Periférico permitiunos este ano descubrir a figura de Claudio Caldini (Bos Aires, 1952), unha das principais voces do cinema experimental arxentino, reivindicado non fai moito no seu país e, de alí, ao mundo. O que máis impactou nestas sesións foi quizais a capacidade do artista para dotar de múltiples lecturas as súas películas, proxectándoas en... Ler máis

VILA DO CONDE 2013: A MÃE E O MAR

16 A Mãe e o Mar 1

O Método Tocha, Opus 4 Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Logo de Balaou (2007), É na Terra, não é na Lua (2011) e Torres & Cometas (2012), Gonçalo Tocha prosegue coa súa viaxe e cos seus diarios cinematográficos. Malia abordar realidades moi concretas (São Miguel, Corvo, Guimarães e Vila Chã), os seus filmes teñen algo en común, o método:... Ler máis

VILA DO CONDE 2013: CONAKRY

16 Conakry Grada Kilomba

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Unha lección de historia e de cinema. Sobre todo de cinema. Isto é o primeiro que suxire o filme de Filipa César presente na competición nacional do Curtas 2013. Conakry (Filipa César, 2013, 11 min) é un simple plano-secuencia filmado na Casa das Culturas do Mundo en Berlín coa participación da escritora portuguesa... Ler máis

VILA DO CONDE 2013: REI INÚTIL E GAMBOZINOS

16 Gambozinhos 2

O pasado mes de xullo celebrouse a vixésimo primeira edición do festival Curtas Vila do Conde, onde o gran premio do festival foi para a curtametraxe Carosello (Jorge Quintela, 2013). O noso colaborador habitual Paulo Cunha estivo seguindo a competición portuguesa durante varios días, e alí detectou unha serie de constantes que esta semana nos vai explicar ao longo de tres... Ler máis

FID MARSEILLE 2013: TEATRO E IMAXE

pasolini fid marseille

Esta crónica é a continuación doutra centrada nos aspectos performativos que imperaron na selección deste ano do FID Marseille. Varios filmes interrogáronse sobre as relacións entre o teatro e o cinema. (FOTOGRAMA: 'Trois strophes sur le nom de Sacher', de Chantal Akerman) Teatro Diciamos no anterior artigo sobre o FID Marseille que Gilles Grand programara unha das... Ler máis

FID MARSEILLE 2013: UN FESTIVAL FALADO

la criee fidmarseille

O FID Marseille deste ano trazou un mapa de tendencias diverso e moi estimulante. Por esta razón, decidimos dividir a nosa crónica en dúas partes, para poder dedicarlle o espazo que merece a cada unha delas. Esta primeira céntrase na relación dos filmes coa palabra e no carácter performativo de moitas das propostas. Seguirá outra que indague na exploración visual dalgúns... Ler máis

LA MIGLIORE OFFERTA, de Giuseppe Tornatore

16 La Migliore offerta 1

A priori, a sinatura de Giuseppe Tornatore tería que ser un aval para La migliore offerta (2013), sobre todo cando este filme chega á carteleira en plena seca estival. Antes e despois da súa estrea mencionouse unha e outra vez o bo sabor de boca que deixara, hai xa un cuarto de século, Nuovo Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988); un sabor, que, para algúns rezumaba demasiado... Ler máis