UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS

Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior... Ler máis

PROCESOS#17 – RAMIRO LEDO

Vídeo-entrevista que imita a escena máis longa de Vida Extra, de Ramiro Ledo. Un único plano fixo ao redor dunha mesa, no que existe asincronía nas voces e invertido para dificultar a identificación de quen fala. __________ Mudar de Imaxe / Imaxes de Mudanza En Changer d’image – Lettre à la bien-aimée (1982), unha curtometraxe de Jean-Luc Godard sobre a súa pasaxe... Ler máis

LA HERIDA, de Fernando Franco

As cousas son así: non hai comezo nin solución, estamos con Ana e sufrimos con Ana. Na primeira escena, o personaxe ten un ataque de ansiedade e o público debe ficar canda ela, malia que preferiríamos non estar alí, non compartir esa experiencia. Por sorte, La herida (Fernando Franco, 2013) non é un filme sádico: nunca ocorre nada extremo, ningún punto de inflexión, non... Ler máis

GLORIA, de Sebastián Lelio

“Gloria, Gloria, campo de sonrisas, Gloria, agua en el desierto, Gloria, corazón abierto…” Con esta canción do italiano Umberto Tozzi remata a historia ‘de amor’ do cineasta Sebastián Lelio sobre Gloria, unha muller chilena de 58 anos, separada dende hai máis dunha década, con dous fillos adultos e un traballo mortalmente aborrecido nunha oficina. Así, nunha... Ler máis

“FACER CINEMA, RODAR, É SUFRIR; UN DESACOUGO PERMANENTE”

Miguel Castelo (Ourense, 1946) é unha peza fundamental na maquinaria cinematográfica dos 70 en Galicia. O seu filme O pai de Migueliño (1977) adapta o relato de Castelao á gran pantalla, cunha clara vontade autoral, case inexistente no cinema da época. Dende aquela, dirixiu e produciu tres títulos máis, combinando esta faceta coa crítica, que exerceu no semanario Orzán,... Ler máis

SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO

Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme... Ler máis

ALBERT SERRA (LA NOVEL·LA, NO EL CINEASTA)

Nunha das máis de 600 citas que compoñen Reality Hunger de David Shield podiamos ler algo así: O motor da ficción é a narrativa, o motor do ensaio o pensamento. Nunha contamos, noutro recordamos. En Albert Serra (la novel·la, no el cineasta) Albert Forns combina de xeito maxistralmente humorístico a reflexión e a información coa imaxinación. Por iso o lector cinéfilo... Ler máis

UN CANON PARA O CINEMA GALEGO

Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas... Ler máis

VOTACIÓN FILMES GALEGOS

8 Puntos Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) 6 Puntos Galicia (Carlos Velo, 1936; remontaxe de Margarita Ledo, Ramiro Ledo e Pablo Cayuela, 2011) Mamasunción (Chano Piñeiro, 1984) Arraianos (Eloy Enciso, 2012)  5 Puntos Montaña en sombra (Lois Patiño, 2012) 4 Puntos O carro e o homen (Antonio Román, 1940; sonorización de Eloy Lozano, 1980) Paris #1 (Óliver Laxe,... Ler máis