PEPE EL ANDALUZ, de Alejandro Alvarado e Concha Barquero

O arquivista Rick Prelinger queixábase hai uns anos no seu blog Black Oystercatcher da submisión da maioría de documentários históricos ao enfoque imposto polo modo performativo, onde calquera acontecemento debe abordarse sempre dende a perspectiva dalgún personaxe en concreto, establecendo un arco narrativo baseado na resolución dalgún problema: “O que está a ocorrer”,... Ler máis

KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO

– “Tiveches un pesadelo?“ – “Non“ – “Tiveches un soño triste?“ – “Non“, dixo o discípulo – “Tiven un soño agradable“ – “Entón, por que choras?” O discípulo respondeu con calma mentres secaba as súas bágoas: -“Porque o soño que tiven non pode facerse realidade?” A... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO

O cinema portugués volve estar de xira neste outono polo estado español, percorrendo festivais e filmotecas xa que non atopa acomodo nas salas comerciais: hai unhas semanas, un mesmo ciclo con diferentes programas comezou a súa andaina no Festival de Cinema Europeo de Sevilla para instalarse despois nas pantallas do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), do Instituto Valenciano... Ler máis

SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA

Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño,... Ler máis

そして父になる (LIKE FATHER, LIKE SON), de Hirokazu Kore-eda

Até 2013, Hirokazu Kore-eda viviu á marxe do gran público xaponés. O seu cinema moveuse na fronteira, nos circuítos alternativos e, sobre todo, en Occidente e nos seus máis prestixiosos festivais cinematográficos. Se facemos unha breve revisión dos datos que os seus últimos filmes lograron en Xapón, descubrimos con asombro que as cifras son irrisorias: 歩いても 歩いても... Ler máis

東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada

De obra mestra a obra de mestre Pouco hai que contar do argumento de 東京家族 (Tokyo Family, Yoji Yamada, 2013) para aqueles que xa teñan visto 東京物語 (Tokyo Story, Yasujiro Ozu, 1953), alén de salientar o enxeño que desprega Yoji Yamada para adaptar a obra mestra do cinema xaponés aos tempos actuais. Todo, ou case todo en Tokyo Family reproduce o conto de Ozu para... Ler máis

SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL

Todo bo festival debe partir dun concepto sólido, e neste caso o Festival de Cinema Europeo de Sevilla fixo do xentilicio a súa bandeira. Que é daquela o cinema europeo? Ante todo, a xulgar polos títulos da sección oficial, é un arquipélago de illas que vén determinado pola colleita dos principais festivais do ano: dos dezaoito filmes en competición, oito procedían de... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente,... Ler máis

BONG JOON-HO: VIVISECCIONANDO O “MONSTRO” DA PANTALLA COREANA

“Esta vez fai que pareza real… como nas películas” inspector Park Doo-man -Song Kang-ho- en Memories of Murder O ano 2003 marcou, sen ningunha dúbida, un antes e un despois na historia do cinema coreano. Non tanto pola propia historia cinematográfica de Corea do Sur, que xa contaba cunha longa tradición, como pola acollida que as pantallas occidentais comezaron a facer... Ler máis