PAULO ROCHA, O ETERNO APRENDIZ

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Paulo Rocha, falecido en decembro de 2012 aos 77 anos, é un dos nomes máis importantes do cinema portugués das últimas décadas. A pesar das dificultades no acceso ao seu traballo —ningún dos seus filmes está aínda editado en DVD— Paulo Rocha é recoñecido en varios circuítos cinéfilos e críticos internacionais... Ler máis

HER, de Spike Jonze

Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a... Ler máis

PROCESOS#19 – ISAKI LACUESTA

O pasado mes de outubro, tivo lugar a primeira edición de CoruñaFilm. O centro Ágora, da cidade herculina, reuniu a un grupo diverso de profesionais do audiovisual, ao redor dun conxunto de charlas e cursos de afán formativo, que pretenden tamén ser punto de encontro e intercambio de ideas para creadores. Entre os asistentes, estivo Isaki Lacuesta, para rodar unha curtametraxe... Ler máis

USA-BABILONIA

“Nada ten tanto éxito coma o exceso“. Unha frase de Oscar Wilde, escritor máis prolífico polas súas declaracións que pola súa obra literaria. Wilde era en si mesmo un tipo en grao sumo excesivo e comprendeu que nunha sociedade reprimida como a vitoriana a tentación de abandono que supón un comportamento desinhibido tiña un atractivo ao que era difícil resistirse.... Ler máis

UNHA REFLEXIÓN HOMOCÉNTRICA SOBRE WEEKEND

Para preparar a folla de sala da proxección de Weekend (Andrew Haigh, 2011) este último outono no Cineclube Padre Feijóo de Ourense, estiven a consultar diversas entrevistas que lle fixeron ao seu director na procura de contidos interesantes. Acabou por chamarme a atención que en case todas elas, ademais das habituais preguntas que adoitan repetirse en xiras promocionais (declaracións... Ler máis

FRANCES HA, de Noah Baumbach

Á PROCURA DO MEU SITIO Os catro protagonistas de Kicking and Screaming (Noah Baumbach, 1995) sufrían unha especie crise existencial xusto despois de graduarse na universidade que lles impedía cortar por completo o cordón umbilical da mocidade. A incerteza que xeraba o fin dunha etapa vital e a obrigación de comezar unha nova impulsaba os catro amigos recentemente graduados... Ler máis

“GUSTARÍAME SEGUIR FACENDO FILMES COMO ‘GENTE EN SITIOS’, MAIS A MIÑA COTA DE FAVORES XA SE ESGOTOU”. ENTREVISTA CON JUAN CAVESTANY

“Épocas estrañas requiren filmes extremos…”. Así preconizaba, coma se fose un agoiro, o tráiler de Dispongo de barcos (2010), un filme quimérico co que Juan Cavestany (Madrid, 1967) comezaba en 2010 a súa triloxía “feita a man”. Antes diso, o director coqueteara coa comedia española máis bizarra en El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo (2004) ou a máis... Ler máis

DJANGO UNCHAINED, de Quentin Tarantino

Que Quentin Tarantino é un cineasta controvertido é un feito indiscutíbel. Amado e odiado a partes iguais, a súa carreira está marcada pola súa cinefilia e gusto polo cinema de culto, a súa capacidade para rescatar vellas glorias, as súas narrativas violentas e un sentido do humor vándalo, ferinte e mordaz. Nunha filmografía tan coherente como ateigada de matices, a... Ler máis

LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau

Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita... Ler máis

REDEMPTION, de Miguel Gomes

Segunda oportunidade “Precísase paciencia para escoitar unha historia. Se non, só pagaría a pena contar o principio e o final”. Este razoamento dun dos protagonistas de A Cara que Mereces (2004), primeiro filme de Miguel Gomes, demostrou ser unha clave fundamental para entender as preocupacións narrativas do director portugués ao longo da súa filmografía. Con tres longametraxes... Ler máis