PROCESOS#21 – ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquelo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar a Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde... Ler máis

ONLY LOVERS LEFT ALIVE, de Jim Jarmusch

Un dos pasatempos favoritos dos friquis cinéfilos, ademais de elaborar listas e rankings de todo o cinematográfico posible e facer quinielas de festivais e entregas de premios, é xogar aos what ifs: como sería tal película de dirixila tal director, que faría tal autor de atreverse a facer tal cousa nas antípodas do seu estilo (Paco Alcázar sábeo, e por iso adoita recorrer... Ler máis

O FENÓMENO DO CRUISING NO AUDIOVISUAL RECENTE

Como ocorre con cada termo que ten a súa orixe no argot ou no slang, custa definir con precisión en que consiste o fenómeno do cruising, mais basicamente supón buscar e practicar sexo con descoñecidos en lugares públicos. Nun principio, estes lugares eran espazos ao aire libre como parques e praias, pero paseniñamente a definición tamén comezou a abarcar urinarios e locais... Ler máis

X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer

Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno:... Ler máis

JIFF 2014: LO QUE EL FERRY SE LLEVÓ

El pasado abril sucedió un desastre que dio forma concreta a un sentimiento que viene sobrevolando Corea del Sur hace ya algún tiempo. Nada podría haber sido peor. Fue el peor resultado en las peores de las situaciones. El 16 de abril el ferry Sewol, que se dirigía hacia la isla coreana de Jeju, perdió estabilidad y en el plazo de dos horas se hundió junto con más de 300... Ler máis

FILM COMMENT: AUTORISMO ÁXIL

Non é unha novidade editorial, mais a raíz da feliz resurrección dun festival tan relevante no contexto español coma o das Palmas, rescatamos o último volume editado polo mesmo, en 2012: La mirada americana. Cincuenta años de Film Comment, unha compilación de textos reunidos polo crítico Manu Yáñez sobre a mítica cabeceira dos... Ler máis

LONGA NOITE DE LERIA

Madrugada do 6 de Abril de 2014. Sala Metropol, Tui. FOTO: Tamara de la Fuente Os ritmos do pop comercial, do house máis empalagoso e dos tempos da melancolía tornáronse en creación electrónica pop fresca con voz embelesadora, tornáronse en versos galegos cunha posta en escea de rapeiros que non transmitiron máis ca enerxía e desvergoña, e tornáronse nese rock que nos... Ler máis

LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy

23 de xaneiro de 1991. Unha data que marcará para sempre as vidas das familias protagonistas desta historia. Dúas familias separadas por unha fronteira case infranqueable, mais unidas por un vínculo moito máis forte. Joseph (Jules Sitruk) é xudeu e quere ser músico, Yacine (Mehdi Dehbi) é musulmán e soña con estudar medicina e construír un hospital na súa terra natal.... Ler máis

EAST OF PARADISE, de Lech Kowalski

 Read More

O TEST DE BECHDEL

O Test de Bechdel é un sistema para avaliar a fenda de xénero existente na representación das mulleres en obras de ficción. Aínda que a súa invención se atribúe a Liz Wallace, recibe ese nome por popularizarse nunha banda deseñada cómica de 1985 da serie Dykes to Watch Out For, debuxada por Alison Bechdel. Na devandita tira, titulada The Rule, un dos personaxes di que... Ler máis