CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa

24 Cavalo Dinheiro 1

A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que... Ler máis

MAPS TO THE STARS, de David Cronenberg

24 Map to the Stars 1

Estrelas a contraluz O inclasificábel John Waters declarou hai pouco que Maps to the Stars (David Cronenberg, 2014) se convertera no seu filme favorito do ano pasado: “amo este filme máis do que amo ao meu propio bigote”. Un pode pensar que se trata dunha obra innovadora, que o é, aínda que máis son as de Waters; escatolóxica, que tamén o é, aínda que máis son as... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2015: CADA FILME, UN VERSO; CADA CICLO, UNHA ESTROFA

orson welles chez les basques

“No puedo decir noche, decir lágrima, echar al vuelo la paloma de su nombre en los tejados de París, repetir su murmullo de colmena, ser en sus dulces sílabas el viento y la campana, porque también estás ahí con tus mastines y tus águilas, única realidad de tanto olvido y tanto tiempo, el amor con su risa de mármol contra el cielo, su sexo cenital y su nocturna espalda”. De... Ler máis

FORCE MAJEURE, de Ruben Östlund

24 Focer Majeure 1

-It just sounds very strange, when we say it in English, an ‘avalanche’ [“Soa raro cando o dicimos en inglés, unha avalancha”] ¡Papá, papá! Ebba (Lisa Loven Kongsli) e Tomas (Johannes Bah Kuhnke) son un matrimonio sueco de vacacións que quedaron para cear cunha compatriota e co seu novo amigo norteamericano. Co anterior diálogo, Ebba interrompe o relato parcial... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2015: UNHA ILLA EN TERRA FIRME

24 Echo Chamber

A 9ª edición do Festival Punto de Vista estreaba nova sede, Baluarte, e novo director artístico, o xornalista e cineasta Oskar Alegría. O cambio de espazo non mudou a xeografía do certame, xa que a situación das salas na cidade era practicamente a mesma, mais si que significou gañar en acústica (grazas ás paredes de madeira) e perder en imaxe (por culpa dunhas pantallas... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (III/III): LABO

Sala Vian

Última parte da crónica de Clermont 2015. Vén de aquí e aquí. __________ A sección Labo é a que recolle no festival clermontino as propostas que buscan unha maior experimentación coa linguaxe cinematográfica. Coma nos outros casos, hai un equilibrio entre a ficción, a animación e o documental, sendo este último máis protagonista que nos demais programas do certame.... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (II/III): INTERNACIONAL, BIEN SÛR

cafe expresso

Esta crónica segue desta primeira parte. Sigue noutra dedicada á sección Labo. __________ ‘A Million Miles Away’ adapta á linguaxe cinematográfica modos de comunicación propios da mocidade. Na sección internacional, vemos a mesma diversidade, sendo a ficción imperante, fronte á animación e o documental. Neste rexistro, atopamos catro grandes vertentes, diría... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (I/III): CONTOS DENDE A GALIA

salle cocteau

O Marché du Film, o mercado de Clermont, onde boa parte das axencias nacionais de curtametraxes do mundo están representadas. “En Clermont-Ferrand non hai liña editorial”, dicíanos con orgullo Tim Redford, coordinador da competición internacional do festival galo, para Radio 3. A miña contestación a tremenda declaración foi unha sorte de “espera y verás”,... Ler máis

FOXCATCHER, de Bennett Miller

24 Foxcatcher 3

Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher... Ler máis

IDA, de Pawel Pawlikowski

24 Ida 1

A multipremiada longametraxe do director Pawel Pawlikowski foi, sen dúbida, un dos exercicios fílmicos máis interesantes do ano pasado. Con máis de medio centenar de galardóns ás súas costas sen que concluíse aínda a tempada de premios, Ida (2013) reflexiona desde o concreto sobre a historia recente de Polonia. A urxencia persoal do cineasta de explorar as súas orixes... Ler máis