A HIPÓTESE DO CINEMA, de Alain Bergala

'Un mundo perfecto', de Clint Eastwood

PEDAGOXÍA FÍLMICA · É un lugar común afirmar que a expresión audiovisual posúe máis ramificacións e posibilidades das que nunca tivera. Mais en plena voráxine deste amplo conglomerado, o cine, precedente e/ou compañeiro afamado e máis visible das restantes manifestacións, tenta conservar ou procurar a súa especificidade. Porén, a súa presenza nas etapas formativas... Ler máis

CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (II)

Debate dixital

O crítico non dita a lei, nin a moral, nin a estética. O que fai é pór en escena, mediante a súa escritura, o que desde o seu punto de vista púxose en xogo a partir da experiencia emocional que experimentou ante un ensamblaje formal, en tanto que esas emocións son susceptibles (ou non) de producir unha mellor construción do seu propio eu. Jean-Michel Frodon . O pasado... Ler máis

BELOFF: PANTASMAS FOTOGRÁFICAS DA PSIQUE

Zoe Beloff

Se entendemos a arte como medio para comprender mellor o mundo e a nós mesmos, a neoiorquina Zoe Beloff ocuparía nesa concepción un espazo entre o etéreo e o físico, o espírito e a carne, o universo coñecido e o máis aló. Non debera interpretarse a súa afirmación de que é unha médium, “unha interface entre a vida e a morte, entre o real e o imaxinario”, en clave... Ler máis

A ESPADA E A ROSA, de João Nicolau

'A Espada e a Rosa', de João Nicolau

É con esta frase que Manuel se despide dos seus compañeiros de aventura e parte de novo para o descoñecido. Mais acaba esta odisea da mesma forma que a comezara, perdido e desilusionado co mundo que o rodea. A Espada e a Rosa desdóbrase en tres actos, cada un caracterizado por un espazo distinguido e por coordenadas cada vez máis irrealistas e delirantes. A medida que o filme... Ler máis

POST MORTEM, de Pablo Larraín

Post Mortem

Un dos meus poemas favoritos de Ángel González, titulado Muerte en el olvido, comeza cunha afectuosa e humilde confesión: “yo sé que existo / porque tú me imaginas”. O poeta ovetense, talvez pouco preocupado no seu namoramento pola “subxectividade individual autoconsciente” do cogito ergo sum cartesiano, admite o estéril de sabernos vivos se non existimos tamén na... Ler máis

A VIDA ÚTIL

Cine al aire libre para niños en el Bafici

A RESPONSABILIDADE DA PROGRAMACIÓN NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS INTERNACIONAIS “300 mil persoas participaron dunha celebración do mellor cinema independente do mundo, que concluíu este domingo cun saldo positivo dende todos os puntos de vista. Vendéronse 210 mil entradas, déronse 1083 funcións e proxectáronse 438 películas (100 curtas, 307 longas e 31 mediometraxes),... Ler máis

CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (I)

Cinefilia & Crítica na rede

En maio e xuño de 2006 Miradas de Cine publicou un completísimo dossier sobre crítica cinematográfica que analizaba, a través de máis dunha quincena de entrevistas e unha decena de artigos de opinión, “o estado das cousas” no mundo da crítica tralo primeiro lustro do novo século. Naquel amplo estudo, referencia indispensable para moitos dos cinéfilos hispanofalantes... Ler máis

TOURNÉE, de Mathieu Amalric

tournee-mathieu-amalric-julie-ann-muz-miranda-colclasure-suzanne-ramsey

Mathieu Amalric é un artista escindido: actor e director, francés e internacional, persoa e personaxe. A súa presenza en filmes de Arnaud Desplechin (Un conte de Noël, 2008; Rois et reine, 2004; Comme je me suis disputé… (ma vie sexuelle), 1996), Nicholas Klotz (La question humaine, 2007), Olivier Assayas (Fin août, début septembre, 1998) e mesmo Alain Resenais (Les... Ler máis

O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA, de Manoel de Oliveira

'O Estranho Caso de Angelica', de Manoel de Oliveira

Sesenta anos foron os que o cineasta luso tardou en poder materializar Angelica (1951), un guión que partía dunha experiencia persoal cunha curmá: “A moza, moi bela, achábase tendida nun canapé azul, no centro dun salón. Os seus cabelos eran dourados e estaba vestida de branco, como unha noiva. Eu levaba comigo unha cámara Leica, que no acto de enfocar producía un desdobramento... Ler máis

“A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA”

Alain Bergala

Alain Bergala, mítico redactor xefe de Cahiers du Cinéma, cineasta e autor de numerosos libros, entre os que destaca Nadie como Godard (ed. Paidós), estivo no CGAI para falar do director de Film Socialisme, e nomeadamente deste filme; amais de presentar a súa última película, Víctor Erice: Paris-Madrid, allers-retours. A cinta, que forma parte da serie Cineastas do noso... Ler máis