DAVID LYNCH: UN UNIVERSO EN MIL SOPORTES

“Eu era pintor. Pintaba e asistía á escola de belas artes. Non me interesaban as películas. Ás veces ía ao cinema, pero eu só quería pintar. Todos os anos ao final do curso organizábase un concurso de pintura e escultura experimental. O ano anterior presentara unha peza e esta vez pensei: “Vou facer un cadro móbil”. Esculpín unha pantalla de 1,80 metros por 2,40... Ler máis

CHRIS MARKER: CONTRA A AMNESIA DIXITAL

Level 5 é, talvez, a última película que propiciou un xiro radical na obra de Chris Marker. A partir dela o realizador abandonou en grande medida o cinema e o vídeo analóxico para explorar o mundo dixital e a rede. Do mesmo xeito que Laura, a fantasmal protagonista do filme, o realizador converteuse nunha presenza espectral que só se comunica co mundo a través dunha computadora... Ler máis

RABBIT HOLE, de John Cameron Mitchell

Sorprende moito que un director como John Cameron Mitchell se decidira a rodar un filme tan ‘clásico’ como Rabbit Hole. Na mente de todos aínda resoan os ecos dos seus dous primeiros filmes, dúas obras tan inclasificables como Hedwig and the Angry Inch (20003) e Shortbus (2006). Dúas películas que puxeron a Mitchell na dianteira dun cine canalla, fresco e desinhibido... Ler máis

‘CONTRACAMPO’: REVISTA DE COMBATE

A morte o pasado 20 de febreiro de Francisco Llinás, crítico cinematográfico, activista cultural e fundador da revista Contracampo, publicación cinematográfica prolongada durante 42 entregas entre abril de 1979 e outono de 1987, trae ao recordo a significación dunha aposta editorial hoxe aínda diluída ou pouco coñecida, en ocasións mal dixerida polas sucesivas operacións... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron... Ler máis

ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA

Cineasta, actriz, activista e teórica. Dicía Bill Nichols de Maya Deren que “a súa filosofía e estética, cunha formidable insistencia na dimensión ética da arte, continúa sendo inapreciada, mentres que o seu status como feminista pioneira e promotora emprendedora parece encaixar máis confortablemente coas realidades do cómodo mercado da arte e da creación de reputacións... Ler máis

O CINEMA DE ÁNGEL SANTOS TOUZA

(1) Ángel Santos Touza (Marín, 1976) é un tipo discreto, pouco amigo de alardes. Pese aos eloxios que os observadores externos lle dedican ao seu traballo, amósase máis disposto a falar dos seus erros que dos seus acertos, baixo o impulso dun afiado perfeccionismo. É un implacable autocrítico, que o pasa mal ao sentarse a ver os seus filmes, xa rematados, pero iso non lle... Ler máis

THE HOUSEMAIDS: DERIVAS DO CINEMA SURCOREANO (1960-2010)

A mediados dos 90, o cinema surcoreano comeza a ter certa relevancia no panorama internacional grazas á converxencia de varios factores. A saída definitiva do extenso letargo ditatorial, importantes investimentos na industria cinematográfica de grandes marcas surcoreanas, e varios anos de liberdade de expresión, repercuten directamente na mellora da calidade cinematográfica,... Ler máis

EL ÚLTIMO EXORCISMO, de Daniel Stamm

Reverendo Marcus (Patrick Fabian) e a nena endemoniada (Ashley Bell)

Lembro vivamente o momento no que un amigo de outrora confesoume, secretamente, que un dos seus soños era percorrer as rúas e que, de súpeto, a vida se convertse nun musical ao estilo de Grease. Non podía afirmarse que dera indicios de padecer tales fantasías ao dar acubillo nun CD portátil a grande parte da discografía de Metallica, así como por demostrar tan poucas dotes... Ler máis

GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS

Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar:... Ler máis