WHERE TO INVADE NEXT, de Michael Moore

WTIN3

“O propósito destas viaxes é recoller as flores, non as herbas”, di Michael Moore nun intre da película. E é que Where To Invade Next (2015) é un exercicio de conciencia para os cidadáns estadounidenses, un test a un sistema que xa se ten probado como incompleto e cuxos erros son evidentes; para os que vivimos á outra beira do Atlántico, quizais é unha visión demasiado... Ler máis

CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA

image

A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan... Ler máis

CANNES DÍA 11: A VOLTA DO VERHOEVEN MÁIS PERVERSO

image

Hai quen di que O libro negro (2006) supuxo o aburguesamento de Paul Verhoeven logo de 30 anos en Holanda e Hollywood facendo filmes claramente controvertidos e desprexuízados, por momentos considerados mesmo fascistas, coma o caso de Starship Troopers (1997), ou frívolos, como a agora película de culto Showgirls (1995). A filmografía deste director sempre tivo a mesma preocupación,... Ler máis

CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS

image

As estrelas, estrelas son, non importa a categoría da arte á que pertenzan. O público da sesión de medianoite de onte no Gran Teatro Lumière acolleu con entusiasmo a estrea de Gimme Danger (2016), dirixida por Jim Jarmusch, que entrevista á lenda do rock Iggy Pop. Máis que un retrato persoal sobre a súa figura, trátase dunha volta ao tempo dos Stooges dende o relato do... Ler máis

A VINGANÇA DE UMA MULLER, de Rita Azevedo Gomes

WOMANSREVENGE04

A película abre, lentamente, cos títulos de crédito sobre un vermello telón. Como a modo de advertencia, a directora presentanos o que será a tónica do filme: unha posta en escena absolutamente teatral que consegue fuxir das habituais grallas do chamado “teatro filmado”. E é que non estamos ante unha mera adaptación teatral, xa que A vingança de uma muller consegue... Ler máis

CANNES DÍA 9: ALBERT SERRA E A AGONÍA DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL

image

O enfant terrible do cinema español chegou ao noveno día a Cannes, e sorprendeu. Albert Serra presentou hoxe fóra de competición La mort de Louis XIV (2016), co mítico actor Jean-Pierre Léaud, que encarnara a Antoine Doinel nos filmes de François Truffaut, no papel protagonista. A elección deste tótem da interpretación en Francia para dar vida a un rei decrépito, postrado... Ler máis

CANNES DÍA 8: UNHA VOLTA AO CINEMA SOCIAL

image

É moi habitual ver cinema de tipo social na Croisette. O que non é tan común é que coincidan uns pesos pesados coma os irmáns Dardenne e ao tempo apareza Kleber Mendonça Filho con Aquarius (2016), ascendendo coma un dos grandes nomes do cinema de América Latina. O brasileiro confirma as expectativas depositadas nel logo da súa ópera prima en Rotterdam, O Som Ao Redor (2012),... Ler máis

CANNES DÍA 7: PEDRO ALMODÓVAR A POLA PALMA

image

  Adoitamos dicir que Cannes maltrata o cinema español. Está mellorando ou é que a equipa de Thierry Fremaux tomou conciencia deste detalle? Cinco son os filmes españois que se presentan este ano na Croisette. A curta Decorado (Alberto Vázquez, 2016) na Quincena dos Realizadores, Mimosas (Oliver Laxe, 2016) na Semana da Crítica e Timecode (Juanjo Giménez, 2016), Julieta... Ler máis

CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE

image

Chegou unha das xornadas máis esperadas deste Cannes 2016, pois hoxe presentouse na Semana da Crítica Mimosas (Oliver Laxe, 2016), filme que suscitou o aplauso entusiasta do público e que está a ser ben recibido pola crítica. A segunda longa do director de Todos vós sodes capitáns (2009) pouco ten que ver con esta. Unha caravana no Atlas marroquí leva un home ao seu lugar... Ler máis

CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO

image

Tiña que chegar, moita sorte tiveramos ata agora. O sistema de castas cannois deixounos sen ver os últimos traballos de Andrea Arnold e Jim Jarmusch, así que, queridas lectoras, hoxe a crónica vai ser curta, e non haberá comentarios da oficial. Agardamos poder recuperar estes filmes noutros pases, antes do termo do festival. Fóra de competición, o punto cómico púxoo The... Ler máis