PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

32-ppd1

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o... Ler máis

COMOARA, de Corneliu Porumboiu

comoara2

Ao invocar á Nova Ola Rumana, un dos movementos máis puxantes e identificables dos últimos anos dentro do cinema global, téndese a pensar nuns rasgos formais e temáticos case inamobibles. En efecto, a revisión histórica e o atasco social que produciu no país a herencia comunista atravesan as filmografías xa non só dos Cristi Puiu, Cristian Mungiu o Radu Muntean, senon... Ler máis

ESQUECE MONELOS, de Ángeles Huerta

monelos-portada

Mañá á noite estréase na Coruña Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) no Teatro Rosalía. Se trazásemos unha liña recta dende a parte posterior do edificio en dirección á lonxa do actual porto industrial, antes de que se construíran todos eses centros comerciais e auditorios que locen tan ben, poderiamos ter visto, máis ou menos a esa altura, a desembocadura do río... Ler máis

RESEÑA DE ‘IMÁGENES RESISTENTES. TEMÁTICAS, NARRATIVAS Y ESTÉTICAS DEL OTRO CINE ESPAÑOL’

32-imagenes-resistentes-logo

O Festival de Cinema Europeo de Sevilla é, posiblemente, o mellor lugar hoxe en día para estrear un filme independente dalgunha das cinematografías nacionais dentro do territorio español. Con Málaga e Donostia ollando cara un cinema de autor máis industrial, ou cando menos de orzamentos folgados, todos aqueles títulos que se sitúan na periferia do mercado contan na cidade... Ler máis

MARÍA (Y LOS DEMÁS), de Nely Reguera

maria-enfurrun%cc%83ada

A crise e as súas consecuencias parecen ter forzado un cambio de paradigma nos protagonistas de moitas películas españolas, especialmente naquelas de xoves directores. Se nos anos 90 e parte dos 2000 imperou o retrato dunha xuventude desnortada durante os vinte anos, na presente década obras de pelaxe e propósitos tan radicalmente distintos entre si coma Las altas presiones... Ler máis

RICARDO BENET: “OPTAR POLA CONGRUENCIA É O ÚNICO CAMIÑO POSIBLE, O DEMAIS É SÓ MERCADO”

ricardo-en-barcelona-004

Ricardo Benet (Cardel, Veracruz, México) é cineasta por convicción, arquitecto de carreira, cun posgrao de Historia da Arte en Florencia, e que ingresa no Centro de Capacitación Cinematografía (CCC / México) bordeando a trintena. Iníciase no cinema como fotógrafo (con máis de 20 curtametraxes e catro longametraxes), pero distínguese como realizador. Dirixiu cinco curtametraxes... Ler máis

CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS

Ambiente de festival na rúa Nova compostelana. Foto: Cineuropa

Un ano máis, e van 3 décadas, Cineuropa encheu a Rúa Nova de Santiago de Compostela de colas infinitas agardando o pase da nova de Xavier Dolan e conversas sobre os referentes bíblicos de O Ornitologo (João Pedro Rodrigues, 2016). Máis de 300 títulos nun certame imposible de abarcar na súa totalidade ao que, este ano, uniuse a sala de cinema NUMAX, que xa é a referencia... Ler máis

GIMME DANGER, de Jim Jarmusch

gimmedanger

John Lurie, Tom Waits, RZA, Iggy Pop. Só con ler estes catro nomes relacionados entre si, a meirande parte de cinéfilos podería percibir que pegamento os une. En efecto, unha das innumerables cualidades do totémico Jim Jarmusch reside na forma orgánica de integrar a esencia creativa de músicos como os citados, por cuxas obras non esconde a súa profunda admiración, nun universo... Ler máis

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2016: CRÓNICA EXPRESS DUNHA VISITA BREVE

Smrt u Sarajevu (Hotel Europa, Danis Tanović, 2016)

No panorama de festivais de cinema a nivel estatal, o Festival Internacional de Cine de Xixón tivo, e ten, o seu lugar reservado. Aínda que desaparecido das rúas pola inexistente cantidade de carteis/posters/folletos que anunciaban tal evento, a cidade semellaba respirar cinema cando un se achegaba a algunha das sedes onde tiñan lugar as proxeccións. Un servidor, escapando... Ler máis

LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE

32-clausura-seff16-1

Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos... Ler máis