PATERSON, de Jim Jarmusch

33 Paterson 1

Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos... Ler máis

PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”

10391993_1245153841278_5333412_n

Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista... Ler máis

UNHA SECUENCIA. PABLO HERNANDO

thumbnail

 Read More

TONI ERDMANN, de Maren Ade

33 Toni Erdmann 2

  Na primeira secuencia de Alle anderen (Maren Ade, 2009), a trintaneira Gitti tentaba mellorar a súa relación cunha nena pequena dun xeito pouco usual: logo de instala a exteriorizar o seu suposto odio, e tras recibir un disparo ficticio, deixábase caer na piscina para culminar unha sobreactuada catarse. Aquel estraño inicio, preludio dunha obra irregular que diseccionaba... Ler máis

CERTAIN WOMEN, de Kelly Reichardt

33 Certain Women 1

Reichardt’s Cutoff Kelly Reichardt continúa neste novo filme co seu traballo, case sociolóxico, de reflexionar sobre a América profunda, rural e esquecida;ese vello e mítico Oeste, o territorio máis recorrente na súa filmografía: Oregón en Old Joy (2006), Wendy and Lucy (2008), Meek’s Cutoff (2010) e Night Moves (2013), e agora Montana en Certain Women (2016). Esta... Ler máis

YOURSELF AND YOURS, de Hong Sang-soo

yourselfandyours_06

Nunha entrevista, Hong Sang-soo dicía que o amor é o único que importa nesta vida aparte da cervexa [1]. Igual que sucede no namoramento, e igual que sucede despois dunhas cantas cervexas, Yourself and Yours (2016) é unha película dominada pola dúbida e a ambigüidade, e dende o aparentemente anecdótico acaba sendo, ou parecendo, un filme enormemente sabio sobre a identidade,... Ler máis

ARRIVAL, de Denis Villeneuve

amyadams-678x381

Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador... Ler máis

O ORNITÓLOGO, de João Pedro Rodrigues

33-o-ornitologo-1

Identidades mutantes Ser un, ser outro, ser doutra maneira. Ser aquilo que desexamos, que rexeitamos ou que ignoramos. Ser en proceso, en permanente transformación, guiados polo desexo, polo destino ou simplemente polo azar. Os personaxes de João Pedro Rodrigues son sempre suxeitos ambivalentes, abertos ás múltiples permutacións que admite a identidade: poden ser homes que... Ler máis

LA MORT DE LOUIS XIV, de Albert Serra

La mort de Louis XIV (Albert Serra, 2016)

“Nos meus filmes gústame deixar aos espectadores con ganas de menos”. Con esta frase o sempre ‘rebelde’ Albert Serra (Banyoles, 1975) describía a duración e o ritmo do seu último filme, La mort de Louis XIV (2016). E é que a última cinta do director catalán efectivamente regodéase nunha rutina mortuoria que esperta no vidente bostezos e continuas miradas ao reloxo.... Ler máis

아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

33-the-handmaiden-1

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema... Ler máis