SAFARI, de Ulrich Seidl

safari2

Desde os inicios da súa carreira coma documentalista a comezos dos 80, Ulrich Seidl insistiu en sinalar cara o sustrato grotesco e inhumano oculto trala apariencia de benestar dunha sociedade, a austríaca – europea por extensión –, empeñada en agochar as súas patoloxías ao mundo exterior. Im Keller (2014), o seu anterior traballo, serviu como perfecta síntese de todas... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS

34 PdV 2017

O retrato familiar foi un dos xéneros máis presentes na sección oficial desta última edición do festival navarro. The Host (Miranda Pennell, 2015), Gran Premio Punto de Vista deste ano, fala, sen ir máis lonxe, da explotación británica do petróleo iraniano a partir da experiencia persoal da súa directora, que viviu parte da súa infancia no Irán dos anos cincuenta e... Ler máis

SHORT STAY, de Ted Fendt

Short_Stay_Ausschnitt1-en

Entre os grandes acontecementos do 2016 para o cinema, o nacemento do festival Novos Cinemas ocupa unha parte importante. A cita, que celebrará a súa segunda edición no mes de xuño deste ano, convértese nun novo lugar onde poder gozar do mellor e máis independente cinema: sempre que sexa unha ópera prima. Co estímulo deste “requisito”, a cita conseguiu encher a cidade... Ler máis

DISIDENCIA: CARA UN NOVO CINEMA POLITICO

foto de portada

Ici et alleurs (Jean-Luc Godard, 1976) “Hoxe semella máis sinxelo imaxinar o final do mundo que ofrecer unha alternativa á orde dominante. Non temos un contraplano”. Arredor desta reflexión dispárase o ensaio Figures of Dissent: Cinema of Politics / Politics of Cinema de Stoffel Debuysere, que vén de ser publicado nun elegante formato de tapas brancas que se vai manchando... Ler máis

CARLA SIMÓN: “A MIÑA NECESIDADE DE FACER CINE XURDIU DAS HISTORIAS TAN INTENSAS DA MIÑA FAMILIA”

Carla Simón

Estiu 1993, ópera prima da catalá Carla Simón, estreouse a pasada Berlinale sen moito ruído, na sección Generation, destinada ás películas con temática infantil ou xuvenil, e en principio dirixidas a ese público. Revelouse para todos os que puidemos asistir ao primeiro pase, como outras en seccións paralelas, dunha relevancia que a destinaba ao xuízo destes primeiros... Ler máis

A GALERÍA NO PAPEL. RESEÑA DE ‘LABORATÓRIO CINEMÁTICO. SOLAR, 10 ANOS’

33 Galeria Solar

Un libro, un obxecto, unha lembranza. A publicación Laboratório Cinemático. Solar, 10 Anos (Nuno Rodrigues & Daniel Ribas, eds., 2016) recolle un feixe de materiais que dan conta das actividades desenvolvidas durante a primeira década de existencia da Solar – Galería de Arte Cinemática de Vila do Conde. Este proxecto xurdiu a partir da sección ‘Work in Progress’... Ler máis

ALBERT SERRA: “SON O MELLOR MONTADOR DO MUNDO. UN DIRECTOR DOS CINCO MELLORES. UN PRODUTOR NORMAL. E UN GUIONISTA BO”

albert-serra

Despois de colleitar éxitos e louvanzas por todo o mundo, Albert Serra (Banyoles, 1975) pasou polo CGAI para presentar La mort de Louis XIV (2016). Serra dispara conceptos que sosteñen a súa metodoloxía de traballo así como frases provocadoras contra actores, sector, etc., unha actitude que lle ten gañado o adxectivo de enfant terrible do cinema español. Acabo de decatarme... Ler máis

BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES

Emily-Browning-in-22Golden-Exits22-1140x641

A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse... Ler máis

BERLINALE (1/2): COMUNIDADE E RESISTENCIA

kaurismaki1

Ao longo de dúas crónicas, daremos conta dalgunhas das liñas advertidas nesta Berlinale 2017. A nosa visita de apenas cinco días non nos permitiu acceder a moitas películas que nos tería gustado ver, mais si identificamos na nosa breve estancia unha clara coherencia temática e de estilo no festival, alén da calidade das cintas. É ademais o certame da capital alemá un... Ler máis

EQUIPA (34)

Cando Jack Burnham definiu en 1968 o termo “cinema expandido” no seu libro Más allá de la escultura moderna, pretendía reivindicar todas as prácticas artísticas que racharan cos límites convencionais da institución artística. Seguindo esta tradición, dous anos despois, nun volume titulado Cine expandido, Gene Youngblood poría o acento sobre o estado de percepción,... Ler máis