CURTAS 2017: VANGARDA EN CATRO MOVEMENTOS

camera trheat

  O Curtas Vila do Conde vén achegando dende as súas orixes a Portugal os traballos máis diversos do cinema de vangarda nun sentido amplo. Esta acepción tense estendido noutras edicións a todo exercicio visual que puxese en dúbida o narrativo e a representación realista. En 2017 este tipo de pezas foron desterradas da sección experimental para integrar, no que pareceu... Ler máis

CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL

35 Vila do Conde 1

O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional;... Ler máis

KEDI, de Ceyda Torun

Kedi2

Vén, belo gato, ao meu amoroso peito; retén as unllas da túa pata, e deixa que me afunda nos teu ollos fermosos Charles Baudelaire – As flores do mal A cotío pregúntome, para ver, quen son; e quen son no momento en que, sorprendido, en silencio, pola mirada dun animal, por exemplo, os ollos dun gato […] Jacques Derrida – O animal que logo estou se(gui)ndo   Dúas linaxes... Ler máis

NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

António, um, dois, três

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse... Ler máis

NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN

Rosalinda (Matias Piñeiro, 2011)

Hermia&Helena (Matías Piñeiro, 2016) Ao longo da historia do cinema, William Shakespeare ten dado adaptacións tan dispares como as clásicas de Kenneth Branagh, os moitos Romeos e Xulietas ou os traballos recentes de Joss Whedon (Much Ado About Nothing, 2012) ou Justin Kurzel (Macbeth, 2015). Textos, diálogos, repetidos que nunca chegan a ser os mesmos; cada versión leva... Ler máis

ESTIU 1993, de Carla Simón

93-yazi-estiu-1993-fragman_9780796-7200_1920x1080

Tense escrito tanto sobre as familias como ten mudado o concepto co paso do tempo. Cada familia, e sabémolo pola experiencia propia de cada un de nós, é un mundo e, ao fin e ao cabo, “en todas as casas cócense fabas”. Estiu 1993 (Carla Simón, 2017) é un fermoso traballo arredor da reconstrución da familia despois da morte dalguén. Reconstrución que ten o centro en Frida,... Ler máis

8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO

Quiasma

Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada... Ler máis

SELFIE, de Víctor García León

Selfie-2-655

As consecuencias do estourido da burbulla económica instauraron no cinema español recente unha tendencia a explorar, con frecuencia a través dos códigos da comedia, ese choque do benestar artificial do pasado inmediato e a precariedade do presente. Desde un producto industrial tan errado coma Tenemos que hablar (David Serrano, 2016) ata o caos terminal da incomprendida Murieron... Ler máis

FOCO BRUCE ELDER: CINEASTAS ILUMINADOS

Illuminated Texts (Bruce Elder, 1982)

Antes de comezar a clase maxistral que impartiría uns minutos despois, Bruce Elder cruza o corredor de Numax a unha velocidade inusitada. Francisco Algarín, responsable do ciclo itinerante que levou ao director a varias cidades do Estado, xa o avisara: Elder é un cineastas dunha enerxía inesgotable ao que lle costou seguir durante os días de rodaxe que pasaron xuntos en Andalucía.... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’

20170515_181614

  O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata dun... Ler máis