THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf

'French Kissers', de Riad Sattouf

Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda,... Ler máis

ENTREVISTA A NATHANIEL DORSKY

QuickTime PlayerScreenSnapz017

“O CINEMA É LUZ, E CANDO SAIO FILMAR, VOU Á PROCURA DELA” Nathaniel Dorsky, un dos grandes nomes do cinema de vangarda norteamericano, presentou as súas películas, por primeira vez en España, no CGAI, no marco do (S8) Mostra de Cinema Periférico, e na Casa Encendida o pasado mes de xuño. Interesado na noción do cinema como liturxia, e cunha extensa obra de poéticos... Ler máis

VIKINGLAND, de Xurxo Chirro

'Vikingland', de Xurxo Chirro

Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador... Ler máis

LE QUATTRO VOLTE de Michelangelo Frammartino

13BAFICI_Le_quattro_volte

A velocidade do presente ten tendencia a esquecer os ritmos propios daqueles lugares arredados dos principais fluxos económicos mundiais, como é o caso do medio rural. A súa representación adoita dividirse entre un discurso positivo, centrado na nostalxia polas comunidades perdidas, fronte a outro negativo, onde se incide no atraso e no illamento destes espazos. Por exemplo,... Ler máis

O XIGANTE DA CAPITAL

Unfinished Italy

O Festival Documenta Madrid forma sen dúbida, canda o Punto de Vista de Pamplona e o Doc Lisboa, a tríada de grandes acontecementos documentários da península, co permiso do Play-Doc galego. Ese circuíto, que se amplía cara Europa co FID Marseille, o Cinéma du Réel de Paris e a Viennale entroutros eventos, dálle visibilidade cada tempada a un feixe de títulos que permiten... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

la-guerre-est-declaree-declaration-of-war-31-08-2011-1-g

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando,... Ler máis

LONGA VIDA Á CURTA: CURTAMETRAXES EN CANNES

Coffee and cigarettes (Somewhere in California)

Un dos maiores empeños do Festival de Cannes durante as súas últimas edicións foi o de estimular e apoiar a creación dos novos realizadores e avalar a exhibición e distribución da produción de curtametraxes. Con este propósito, na edición de 2011 a organización do certame decidiu axuntar forzas e integrar ao redor da Cannes Court Métrage dúas seccións que ata agora... Ler máis

CAVE OF FORGOTTEN DREAMS, de Werner Herzog

cave_of_forgotten_dreams_movie_image_Werner_Herzog

Herzog era a miña gran esperanza para co 3D, e malia que intento desesperadamente convencerme de que existe unha verdadeira xustificación artística para esta elección, non a atopo por ningures. Non é que aborreza esta febre con ínfulas de orixinalidade, sinxelamente non me achega nada novo. Ao fin e ao cabo, trátase dunha estratexia de marketing máis ben baleira e simplona,... Ler máis

FOTOCOPIAS SEN BRILLO

'In Front of the House' de Lee Tae-Ho

CURTAMETRAXES NA SEMANA DA CRÍTICA DE CANNES Se consideramos Cannes a grande cita cinéfila anual para lle tomar o pulso ás tendencias cinematográficas da tempada, as curtas presentadas na Semana da Crítica o pasado maio non poden ser tomadas máis que como copias torpes do que acontece nas seccións de longas. A selección deste 2011 evidencia que, para a meirande parte dos... Ler máis

TRES RUMBOS E…UN DESTINO?

apele tac anca lazarescu

Nos festivais de curtametraxes, é habitual acabar farto de pezas con final enxeñoso, como se ese fose o quid da cuestión. A sorpresa, a chiscadela, o chiste, van na procura dos premios, e o cinema queda de lado. Non é o caso en Curtocircuíto, que na súa última edición demostrou que hai vida máis aló da anécdota visual con caras famosas. Tampouco renunciou ao documental... Ler máis