EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018)

Contemplar cada novo filme de Hong Sang-soo supón mergullarse nun universo de profundas ramificacións que nos leva dunha película a outra, realizando conexións continuamente coas súas constantes temáticas e formais. É como de se fita a fita establecese unha sorte de rimas e a súa obra completa rematase por ser un grande poemario. Curioso logo que o seu último protagonista... Ler máis

“A FORMA DE TRABALLAR SEGUE ISO QUE DIN STRAUB E HUILLET: FACER A REVOLUCIÓN É VOLVER PÓR NO PRESENTE COUSAS MOI ANTIGAS PERO ESQUECIDAS”

Eloy Enciso presenta a súa terceira longametraxe nuns días a competición en Locarno. Longa noite (2019) supón unha depuración formal da indagación que xa existía en Arraianos (2012), con elementos como a palabra utilizada como materia prima, atendendo á musicalidade do verbo con actores non profesionais, ou o uso de referencias literarias para os diálogos, que neste caso... Ler máis

CHUVA É CANTORIA NA ALDEIA DOS MORTOS, de João Salaviza e Renée Nader Messora

Realidade e ficción na aldea de Pedra Branca Chuva é cantoria na aldeia dos mortos comeza co encontro á luz da lúa, diante unha fervenza no corazón do bosque, de Ihjãc coa sombra do seu pai morto, que dispara a ficción: «“Ihjãc, podes verme?”, “Non, pero podo escoitarte”, “Estaste a esquecer do meu banquete funerario. Levo un tempo deambulando só por aquí,... Ler máis

TEEN SPIRIT, de Max Minghella

O actor Max Minghella, coñecido especialmente pola súa interpretación de Divya Narendra en The Social Network (David Fincher, 2010) ou de Nick Blaine en The Handmaid´s Tale (Bruce Miller, 2017), atreveuse esta vez coa dirección. O británico púxose detrás da cámara, seguindo os pasos do seu pai Anthony Minghella, para realizar este filme escrito por el que ten lugar na Illa... Ler máis

NUNCA SUBÍ EL PROVINCIA, de Ignacio Agüero

Nunca subí el Provincia, de Ignacio Agüero, foi estreado na 30ª edición do FID Marseille, alzándose co Gran Premio do festival. É a segunda vez que o director chileno obtén este galardón tras Como me dá a gana II, o seu anterior filme. A última película de Ignacio Agüero é unha homenaxe ao pequeno, ao íntimo, ao barrio, ás intrahistorias dos veciños anónimos, a... Ler máis

AS VOCES MARKER

Un dos elementos máis fascinantes da obra de Chris Marker é a súa capacidade para despregar unha enorme cantidade de recursos narrativos. Recursos que nacen en gran medida do interese de Marker en explorar a interrelación entre as imaxes. Sans Soleil de 1982 ou Le fond de l’air est rouge de 1977 son claros exemplos, aínda que probablemente onde levará ao extremo a... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (III)

Bill Brand xunto a Ángel Rueda na (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Vén de aquí) Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. A serie de Cartoons está chea de “enigmas e bromas sobre os conceptos do cinema experimental”, nas súas palabras. En Before the Fact  [1974] Saul Levine e unha muller repiten unha frase gravada falada por Levine... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (II)

Bill Brand xunto con Elena Duque no (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Viene de aquí) Puedes leer el texto en su versión original aquí. Tamén ten feito instalacións. As instalacións foron parte da miña práctica desde moi cedo. En 1971 fixen unha peza chamada Pong Ping Pong na que construín unha máquina demente que fai rotar un espello e proxecta... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (I)

Fotografía: María Meseguer Podes ler a entrevista na súa versión orixinal aquí As películas de Bill Brand oscilan entre a abstracción e a figuración e son un tratado sobre a política da visión e sobre como o público se enfronta á lectura das imaxes. As súas primeiras obras analíticas (estruturais) como Moment (1972), Demolition of a Wall (1973) ou Touch Tone Phone... Ler máis

ASIF KAPADIA: “EN MOITAS OCASIÓNS, O PÚBLICO COÑECE SÓ O FINAL: O MEU TRABALLO É INVESTIGAR A VIAXE”

Cunha dilatada carreira como director de ficcións, Asif Kapadia (Hackney, 1972) mudou de xénero no ano 2010, estreando un dos mellores documentais deportivos feitos ata a data. Senna (2010) valeulle a reputación como documentalista, algo que o premio Oscar ao mellor documental que recollería no 2015 polo filme Amy, acabaría por confirmar. Na actualidade, o director pecha esta... Ler máis