CAMBORDA X ENCISO (II)

(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha... Ler máis

CAMBORDA X ENCISO (I)

Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse... Ler máis

EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron

Fáiseme imposible falar de Eroski Paraíso, a película, sen tocar o persoal. Así que isto, máis que unha crítica, é un comentario que nace do íntimo. Do interior cara o exterior. De forma transparente como se nos conta o filme: deixando ver o esqueleto. Eroski Paraíso (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere,... Ler máis

VER A ESCURIDADE, ESCOITAR O SILENCIO: O CINE MINIMALISTA DE BAS DEVOS

Ghost Tropic (2019) Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Cinco anos despois de presentar o seu prometedor debut en formato longo, Violet (2014), Bas Devos volveu ao circuíto de festivais estreando non unha, senón dúas novas longametraxes este ano. Nun lapso de apenas tres meses, a súa cinta Hellhole (2019) formou parte da sección Panorama durante a pasada Berlinale,... Ler máis

MÁRGENES 2019: EL PRESENTE. NARRACIÓN E VANGARDA

“Cinco cineastas, nacidos a ambos os dous lados do Atlántico, cuxos debuts ou consagracións autorais estreáronse este ano nos festivais internacionais de maior renome, representan o presente e o futuro dese cinema activista, pelexado nas marxes, que impulsou e abandeirou este certame durante nove edicións”. Así presenta o catálogo da novena edición do festival Márgenes... Ler máis

FOUND FOOTAGE MAGAZINE E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN PACK DE REVISTAS

Found Footage Magazine e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores un pack cos dous últimos números da senlleira publicación cinéfila. O pack, xa dispoñible a través da súa web, inclúe os números #4 e #5, con contidos como un especial sobre o cinema de Peter Tscherkassky, textos asinados por críticos do talle de Jonathan Rosenbaum, Malcolm... Ler máis

DORA GARCÍA: “A MIÑA FORMA DE TRABALLAR É SEMPRE LER MOITO, BUSCAR MOITO EN ARQUIVOS, IR SEMPRE AOS SITIOS MÁIS INSÓLITOS”

Dora García (Valladolid, 1965) é unha das creadoras invitadas ao festival Intersección 2019. O título da súa masterclass di moito dela como artista: “Da documentación ao vídeo performance, á película curta, á longametraxe”. A súa obra é internacional e nacionalmente coñecida desde o ámbito das performances e a súa reconsideración do uso dos espazos públicos... Ler máis

MÁRGENES 2019: UN ARQUIVO, DISTINTOS SIGNIFICADOS

Xusto a tempo para poder formar parte das compilacións do mellor do ano, o Festival Márgenes volve a inundar os fogares cun cinema independente que loita para poder ter espazo nas salas. Quizais por esta loita, o espazo que reclama Márgenes é o da web; así, toda a selección de filmes da Sección Oficial do festival atópase dispoñible na súa web no período entre Novembro... Ler máis

SEFF 2019 (II): HETERODOXIA DOCUMENTAL

Danses macabres, squelettes et autres fantaisies (Rita Azevedo Gomes, Jean-Louis Schefer) “É raro que nun museo haxa cousas pensadas para o ollo e non para ser didácticas”, afirma o pensador Jean-Louis Schefer nunha secuencia de Danses macabres, squelettes et autres fantaisies, mentres pousa a súa cultivada mirada nun cadro exposto ao público. A frase podería sintetizar... Ler máis

SI ME BORRARA EL VIENTO LO QUE YO CANTO, de David Trueba

-Una última pregunta Chicho: ¿Queda alguna revolución pendiente? -Todas, ya que ninguna de ellas se ha concluído debidamente. Semella case unha casualidade que poucas semanas despois da exhumación de Franco, Si me borrara el viento lo que yo canto (David Trueba, 2019) comece con imaxes deste enterro. Porén, lonxe dunha casualidade, isto é unha mostra do moito traballo que... Ler máis