IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES

OPINIÓN PÚBLICA E CINEMA DOCUMENTARIO · O maior éxito das mobilizacións cidadás dos últimos meses está sendo devolver o debate político ás prazas de todo o estado, recuperando o espazo público tanto no plano físico coma no conceptual: á ocupación do territorio seguiulle a invasión do espazo mediático por discusos alternativos ao oficial, demostrando co discurso... Ler máis

ESSENTIAL KILLING, de Jerzy Skolimowski

UN POEMA GLACIAL · Tres estadounidenses armados intérnanse nun labirinto de simas, nalgún deserto cálido e indeterminado. Un home vestido con túnica veos, foxe asustado e refúxiase nunha cova. Non o vemos a el, pero vemos a través del. Vemos o que os seus ollos ven. Arrebata un bazooka a outro home, parece árabe, está morto. O primeiro treme, arquexa, titubea, e, aterrorizado... Ler máis

PHANTOM LOVE, de Nina Menkes

EL BLANCO Y EL NEGRO · Calquera estratexia revolucionaria debe desafia-la representación da realidade; non é suficiente debater sobre a opresión da muller no texto fílmico; a linguaxe cinematográfica/ a representación da realidade tamén se debe cuestionar, para conseguir a distinción entre a ideoloxía e o texto. JOHNSTON, Claire: Women’s Cinema as Counter-Cinema,... Ler máis

ALBANELERÍA DA ESCENA EN FONTAINHAS

Enxeño de Louis Lumière no prólogo do século XX –acaso de 1890 a 1914–, a palabra cinématographe axuga dúas voces gregas: kinema (movemento) e grafos (escrita). O dispositivo ao que nomea, pola súa banda, ten levado ao real esa cosedura léxica coma escritura do movemento –isto é, pondo en escena o tránsito do mundo a partir del propio: azar e cálculo1. Non fica... Ler máis

A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME

Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este... Ler máis

RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO

Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito?... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS EN 19º CURTAS VILA DO CONDE, COLLEITA 2011

Pedro Costa, coa curta O Nosso Homem, foi o vencedor da competición portuguesa e o grande destaque da 19ª edición do Curtas Vila do Conde. Tal como se prevía, o consagrado cineasta portugués venceu de forma natural o concurso nacional e até ofuscou os vencedores da competición internacional, tradicionalmente máis mediática. Volvendo ao territorio de Costa, a curta premiada... Ler máis