THE ARTIST, de Michel Hazanavicius

the-artist

Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

bertrand bonello

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con... Ler máis

APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA

PRETTY BABY (1978), de Louis Malle

O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira... Ler máis

Matías Piñeiro: “A MULLER É A CAPITÁ DO MELODRAMA”

Matías Piñeiro

Debido á longa extensión da entrevista, e co obxectivo de preservala íntegra, decidiuse publicala en dúas partes. A primeira pode consultarse aquí. Esta acababa establecendo unha relación entre os personaxes femininos de Piñeiro con figuras históricas próximas a Sarmiento. O tema recupérase nesta segunda parte da conversación. As intrigas históricas son persoais. Si,... Ler máis

CINEMA E EDUCACIÓN EN FRANCIA

la cinemathèque française - le cinéma cent ans de jeunesse

Le aquí o texto na súa versión orixinal francesa Francia é aínda hoxe, indiscutiblemente e a pesar dunha recente regresión, o país onde existe a tradición máis antiga e a máis desenvolvida entre o cinema e o sistema educativo. As razóns son evidentemente históricas e políticas. É unha longa historia que se orixina na Segunda Guerra Mundial, onde os comunistas e os... Ler máis

CINEMA EN CURS

Portada-1

A EXPERIENCIA DA CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA NA ESCOLA E O INSTITUTO Cinema en curs é un proxecto de pedagoxía do cine con tres grandes obxectivos: propiciar un descubrimento do cinema polos nenos e novos, explorar as potencias pedagóxicas do cinema na escola e no instituto, e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Cinema en curs dá xeito a unha pedagoxía... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

valhalla_rising_mads mikkelsen

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron... Ler máis

ENTREVISTA A MARGARITA LEDO

Portada-Ledo

«DEBEMOS APRENDER A ALTERIDADE, A OUTREDADE A TRAVÉS DAS IMAXES» Margarita Ledo é unha desas persoas que sempre desafía aos seus interlocutores. Eses desafíos son sempre lances construtivos, pontes que nos levan alén dos nosos límites, fornecéndonos de coñecemento e suxeríndonos aquilo que non sabiamos como expresar. Escoitar a Margarita, daquela, ensina e axuda a pensar,... Ler máis

ESES MESTRES QUE NOS GUSTARÍA TER

fotomontaxe straub huillet benning godard

PEDAGOXÍA DA IMAXE: STRAUB-HUILLET / BENNING / GODARD E para aprender, é necesario ir á escola. Non tanto á escola da vida coma ao cine como escola. Serge Daney Malia as súas heteroxeneidades e diferenzas, estes cineastas, a través de obras claramente afastadas dos códigos dominantes da representación, intentan transmitir unha pedagoxía da imaxe, mediante un cuestionamento... Ler máis

EQUIPA

Dende A Cuarta Parede entendemos que o bo cinema debe manter un firme compromiso coa realidade, e por iso intentamos sempre identificar tendencias en filmes recentes, que nos axuden a entender o mundo que nos rodea. Establecemos un diálogo coas imaxes xeradas a partir do 15-M fai uns meses, e agora pensamos que é momento de reflexionar sobre o modo en que as institucións escolares... Ler máis