MICHAEL GLAWOGGER: “OS MEUS DOCUMENTAIS FALAN DA CONDICIÓN HUMANA”

Michael Glawogger (Graz, Austria, 1959) é un dos documentaristas máis interesantes da última década. As súas referenciais Workingman’s Death (2005) e Megacities (1998), centradas no traballo manual en distintas partes do mundo, formaron parte dunha retrospectiva case completa que o festival de Xixón lle dedicou o pasado novembro, incluíndo tamén as súas desatadas... Ler máis

MISTÉRIOS DE LISBOA, de Raúl Ruiz

MISTÉRIOS DE RUIZ, MILAGRES DE LISBOA As misteriosas vidas de Pedro da Silva, Alberto de Magalhães ou do Padre Dinis revélanse en espiral, como un remuíño, ofrecendo máis preguntas que respostas e convertendo explicacións en digresións. Semellante dinámica fai de Mistérios de Lisboa (2011) un filme en fuga permanente onde os personaxes que semellan secundarios aparecen... Ler máis

“EN HOLLYWOOD TALKIES NON HAI UNHA POSTA EN ESCENA, SENÓN UN BALEIRADO DE ESCENA”

Aproveito un número tan heteroxéneo, entusiasta e caprichoso como este, adicado ao (que consideramos o) máis destacado de 2011, para confesar a miña admiración por un dos autores máis estimulantes e inspiradores que tiven a fortuna de descubrir o pasado ano. O día que coñecín a Óscar Pérez acabei perseguíndoo polas rúas de L’Eixample e Gràcia, intercambiando... Ler máis

FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)

Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu... Ler máis

BOTAS, TUPÉS E ROCK’N’ROLL DOS ‘KOLJÓS’: KAURISMÄKI E OS LENINGRAD COWBOYS

Di o tópico que nos traballos menores do corpus de moitos autores pódese atopar o xerme de moitas das súas obras posteriores. Aki Kaurismäki acumula xa 18 longametraxes dentro da súa vasta filmografía, ás que se poden engadir unha longa para televisión, unha serie de curtametraxes, e varios videoclips. E aínda que curtas como Todos los perros van al Cielo ou La Fundición... Ler máis

EQUIPA

Ano novo, cinema novo. Comezamos o 2012 cun número obvio, máis necesario: o repaso ao mellor que deu de si o 2011 permítenos trazar unha reflexión sobre as propostas, tendencias e derivas máis estimulantes do cinema actual. Ao longo de xaneiro iremos subindo críticas, análises e entrevistas aos autores máis destacados do pasado ano, segundo o criterio da equipa desta revista. Remata... Ler máis

EROS E THANATOS

Un repaso a algunhas películas contemporáneas con motivo da estrea de Restless Así tu muerte despierta en mí el deseo de la muerte como tu vida despertaba en mí el deseo de vida Luis Cernuda1 “Eros e Thanatos- este é un arquetipo ancestral2” dicía Cesare Pavesse ao final do seu diario. E é que a morte apareceu na cultura occidental moitas veces como a meta da paixón... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con... Ler máis