“SEMPRE TRABALLO CON MATERIAL ENCONTRADO, CO MEU PROPIO MATERIAL ENCONTRADO”

Alberte Pagán 2

Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) é un francotirador do cinema. Grava case por compulsión, botando man do que ten preto, ata o punto de que a súa propia casa en Porto do Son é o escenario máis habitual nos seus filmes. E con eses pequenos anacos do cotián constrúe o seu discurso cinematográfico, barallando imaxes ás que xa lles outorga entidade propia no momento que... Ler máis

POR QUE PROGRAMAR ‘BUMMING IN BEIJING’: UNHA INTRODUCIÓN AO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS

bumming in beijing 3

A historia de como chega a programarse Bumming in Beijing: The Last Dreamers é a dun descubrimento involuntario que provén do ciclo sobre a representación da cidade no cinema, que o Cineclube de Compostela está a pasar agora mesmo. Cando nos chegou o convite para programar unha sesión, pensamos que o lóxico era dialogar coas liñas xa existentes e responder cun conxunto de... Ler máis

JAN ŠVANKMAJER, O SACERDOTE DOS OBXECTOS

Svankmajer-Portada

Director, artista gráfico, escultor, poeta e embaixador do surrealismo, Jan Svankmajer naceu no ano 1934 e produciu ata a data unha inxente cantidade de obras audiovisuais que involucran diversas técnicas de animación. Formouse no Colexio de Artes aplicadas de Praga e logo no Departamento de Marionetas da Academia de Artes Escénicas de Praga. Malia que as súas primeiras obras... Ler máis

DEREITOS DE AUTOR E INTERNET: Á PROCURA DO SANTO GRIAL DIXITAL

portada Hulu Plus

CRÓNICA XORNADA AGAPI ‘A OBRA AUDIOVISUAL. PROPIEDADE INTELECTUAL E CONTEXTO DIXITAL’ Hoxe entra en vigor a famosa lei Sinde-Wert. Xunto ao recente peche de Megaupload por parte do FBI e á controvertida lei Hadopi francesa, que permite a identificación do internauta infractor con multas de ata 300.000 euros e dous anos de cárcere, este documento súmase a unha estratexia... Ler máis

MARTHA MARCY MAY MARLENE, de Sean Durkin

martha-marcy-may-marlene john hawkes

Alén dos estereotipos Sundance é un festival sospeitoso. O seu palmarés, inaugurado con Blood Simple (Joel Coen, 1984), distingue ultimamente títulos que camuflan a súa mediocridade a través dun interese por espazos e comunidades pouco representadas, como ocorre en Winter’s Bone (Debra Granik, 2010), Precious (Lee Daniels, 2009), Frozen River (Courtney Hunt, 2008) ou Quinceañera... Ler máis

EQUIPA

Fieis a unha das constantes que nos caracteriza, a de reflexionar sobre como o cinema pensa a actualidade informativa e nos axuda a comprendela, dedicamos a nosa Panorámica ás transformacións urbanas (paralizadas) da crise económica. Centrámonos en como trataron o tema as series televisivas e a non ficción contemporánea, dous campos ben fértiles para entender mellor esta... Ler máis

RETAGARDA SOBREVILA: EPISTELMOLOXÍA, IRONÍA E CINEMA ESPAÑOL NOS ANOS 20

el sexto sentido

Podes ver El sexto sentido íntegro en Europa Film Treasures Nemesio Manuel Sobrevila (1889-1969) abandona a arquitectura e comeza a facer cine no 1927. Conta con algún financiamento propio e ten moi claras as ideas sobre como renovar o esclerótico cinema español da época. Coñecedor das vangardas europeas tralos seus estudos en París, non se conforma co mero traslado de... Ler máis

FESTIVAL INTERNATIONAL DU PREMIER FILM D’ANNONAY

Festival-International-du-Premier-Film-dAnnonay

Entre o venres 27 de Xaneiro e o luns 6 de Febreiro de 2012, a 29ª Edición do Festival International du Premier Filme de Annonay et Pays Annonéen reuniu unha serie de directores debutantes chegados de diferentes lugares do mundo para presentar as súas óperas primas ao longo de once intensos días de cinema e frío. Este festival foi creado en 1984 e está dedicado desde 1988... Ler máis

KUBELKA: O CINEMA E A COCIÑA COMO FORMAS ARTÍSTICAS

Martina Kudlacek, Peter Kubelka

Nas notas ao programa de Florentina Hubaldo, CTE, a nova película de Lav Diaz, Gertjan Zuilhof, un dos programadores do Festival de Róterdam e especialista no cinema do sueste asiático, contabilizaba en preto de cen horas as que o festival holandés ten dedicado ao cineasta filipino desde que en 2005 presentase Evolution of a Filipino Family. Zuilhof sumaba os dobres e triplos... Ler máis

PLAY, de Ruben Östlund

PLAY

A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de... Ler máis